Lus de Keikoa

Lus de Keikoa é un grupo de pandeireteiras que nace no ano 2015 no seo da escola da Banda de Gaitas do Concello de Forcarei. O seu nome procede da linguaxe dos canteiros, moi característico da Terra de Montes e significa vamos de festa. Interpretan todo tipo de cancións tradicionais. Actualmente está dirixido por Juan Manuel Vidueiros Sánchez.

Artigos relacionados