Nicolás García Fortes

Nicolás García Fotes, veciño de Cerdedo, naceu o 7 de decembro de 1938, fillo de Bernardino García e Celia Fortes e neto do músico José Benito. Mestre de profesión tocou o cornetín na banda que dirixía o seu avó durante tres anos, dende os 9 ata os 12 anos (1947-1950). Según indica Manuel Campos no libro As bandas de música de Cerdedo foi o rapaz máis novo que tocou nas bandas de Cerdedo.

Naquela época chegaban a pagar ás bandas polo número de músicos que ían tocando. Ao ser tan rapaz había moita xente que puña en dúbida as habilidades de Nicolás co cornetín chegando a facelo tocar el só para comprobar se realmente tocaba ou simplemente ía para que a banda fose máis numerosa.

Destacar tamén que formou parte da banda de música de Vilatuxe coincidindo co músico cerdedense Julio Durán Sieiro.

As bandas de música de Cerdedo
Manuel Campos Tomil

*Texto: As bandas de música de Cerdedo (Autor: Manuel Campos Toimil)

[...]

Nicolás García Fortes naceu o 7 de decembro de 1938. O seu pai era Bernardino, un fillo de Xosé Benito que non se adicou a música e a súa nai Celia Fortes Sueiro, tamén natural de Cerdedo. Tocou o cornetín entre os anos 1947 e 1950 mentres dirixía a banda o seu avó, é dicir, entre os 9 e os 12 anos de idade. Foi o rapaz máis novo que tocou nas bandas de Cerdedo, posto que non temos constancia de ningún outro músico posterior ao 1938 que o chegase a facer.

O ser neto do mestre reportáballe a Nicolás certas avantaxes. Por exemplo, cando ían tocar fora de Cerdedo, podía durmir nunha cama e non tiña que facelo na palleira, canda os outros músicos. Pero por outra banda, o feito de ser tan cativo e ademais parente do “xefe”, facía desconfiar a algúns das habilidades do rapaz. E non poucos en Cerdedo mostraban certas suspicacias en relación ao bo saber facer musical de Nicolás. Así, no seu primeiro pasarrúas por Cerdedo, os outros nenos da vila ían atrás del, para verificar se en verdade sopraba ou non no cornetín. E con máis malas intencións, en Serrapio houbo quen lle chegou a espetar a Xosé Benito: “Pero home, ti que nos traes? Rapaces ou músicos?”. A resposta do mestre non se fixo agardar: Xosé Benito lle pediu a Nicolás que fixese un solo de cornetín e o rapaz, esmerándose, salvou con certa seguridade a situación. Nesa ocasión, non dubidamos de que Xosé Benito puido fachendear ben de neto.

Non sucedeu o mesmo o día da festa do S. Xoán en Cerdedo: cando o cura, cumprindo coa vella tradición, comezou a botar moedas dende o balcón da reitoral, Nicolás escapouse co cornetín e o señor Xosé Benito tivo que andar atrás del para que fose tocar.

A relación entre avó e neto coma membro da banda aínda tería algúns outros episodios anecdóticos. Destacamos un que nos contou o propio Nicolás: “Con nove anos fun de padriño a un bautizo en Pedre. O cura Don Vecino non me quixo cobrar, dicíndome que xa lle pagaría cando gañase cartos. Así que cando cheguei a casa dixen: Abuelo, cando vaias tocar a Pedre non lle cobres ao cura, que aínda lle debo o bautizo.”

Nicolás exerceu o maxisterio ata a xubiación. Logo desta, tocaría 3 anos (1980-1983) a trompeta na Banda de Vilatuxe, coincidindo nela con outro músico cerdedense, Xulio Durán, que hai pouco que viña de retornar do seu longo periplo musical por terras venezolanas.

Bandas de música de Galicia
Enrique Iglesias Alvarellos

Cerdedo

(1 851-1 955)

Cuando, procedente de Lugo u Orense, el automovilista llega a Folgoso, ya no tarda en conocer la villa de Cerdedo, que necesariamente ha de atravesar de arriba a abajo.

En esta montañesa localidad de la provincia de Pontevedra existió una agrupación bandística, desde los comienzos de las bandas de Galicia. En el año 1.851, comenzó a ser organizada, según documentos consultados, si bien no hemos podido conocer el nombre de su promotor. Años más tarde, ya se habla de un asturiano, llamado Serrador, -por ser éste su oficio- que dirige la banda y toca varios instrumentos. Fallece Serrador, y se hace cargo de la batuta Constante Paz, que no tarda en abandonar el cargo. Se suceden entonces varios directores, entre los que hay que destacar:

Francisco Cerdeira, Manuel García, José Benito García, y ya, por fin, Manuel Monteagudo Cadavid, más conocido por “Touqueira”, con quien la banda se deshace en 1 955.

Los componentes que la de Cerdedo tuvo en los últimos años de su existencia, son los siguientes:

Oboe: Manuel Rey.
Requinto: Traían a uno de La Estrada.
Clarinete: Sieiro/ Fortes/ Clemente/ Eladio/ Durán.
Fliscorno: Gerardo Lavandeira/ Troitiño/ “Limeres”.
Cornetín: Nicolás García (maestro nacional).
Saxo alto: José Durán/ Manuel García/ Varela de Melide.
” tenor: Luis Caramés (maestro nacional)
Trombón: Antonio Varela/ Enrique Monteagudo/ José Monteagudo/ Manolo Monteagudo (fillos do Touqueira).
Bombardinos: José Benito García/ Valentín Durán.
Bajo: Jesús Troutiño/ Lavandeira/ Jaime/ Pedre, o Manco (de la izquierda).
Bombo: Gervasio Bugallo/ Sieiro/ Secundino Horta.
Platillos: José Paz.
Caja: Jesús Troitiño/ Ismael/ David Paz

De todos los bombistas, excepto José Paz, ningún sabía solfeo, y sólo salían cuando la banda tenía que dividirse, para hacer tres o más fiestas a un tiempo.

Esta banda llegó a tener 30 componentes. En tiempos de la República, y por motivos políticos, se dividió en dos: la de Cerdeira y la de José Benito. Más tarde, llegaron de nuevo a juntarse ambas.

Uno de sus primitivos músicos, Bernardino Cachafeiro, contrajo matrimonio en 1 868 con una chica de Campo Lameiro, y en aquella villa, fundó otra banda que llegó a competir con la de Cerdedo, si bien las relaciones humanas entre ambas eran cordiales.

Los componentes que la de Cerdedo tuvo en los últimos años de su existencia, son los siguientes:

De todos los bombistas, excepto José Paz, ninguno sabía solfeo, y sólo salían cuando la banda tenía que dividirse, para hacer tres o más fiestas a un tiempo.

Atravesaban la montaña andando, hasta llegar a Barcia y Covela de Antas, tierra de Cambeses, y llegaron hasta Oitabén, ya cerca de Redondela. Llevaban siempre la comida, consistente en cinco libras de carne y una de jamón, y allá hacían el cocido en la taberna que hubiese. En Oitabén, la fiesta solía hacerla Cambeses. pero un año tuvo que faltar, y escribió a Touqueira, para que fuese a cubrirle el compromiso; Touqueira le aceptó. El fuerte de la de Cerdedo era la Misa; cantaban tres o cuatro, entre ellas, la de Revanello y la de Pío X. Touqueira había sido seminarista, y de esto sabía mucho, además de cantar muy bien. En Antas los estaba esperando un “práctido de Cambeses”, para conducirlos a Oitabén. Cambeses le había dicho a Touqueira que no llevara bombo, por haberlo allí, y luego resultó que tenía la piel rota. Gracias a un gaiteiro que, situado al lado de la banda, se encargó él mismo de darle el golpe para el remate.

“A xente dalí -nos contaron- tiña un baixo concepto dos músicos que sempre chegaban á parroquia cunha fardela e unhas faragullas, para comeren”. “pero aquil ano, os de Cerdedo chegaron cunha mula e unha perna de becerro inteira. Foron á taberna, e dixéronlle: Vosté poña o repolo e mailo unto e garbanzos, e fáganas ahí un bo cocido”. Tan pronto como los de la taberna observaron la abundancia y la pulcritud en el uniforme de los de Cerdedo, los subieron al cuarto-comedor en donde también comían los curas de la fiesta, porque antes, había comentado el dueño de la casa:

“Ista xente éche entre fina, e hai que levalos pra onde os curas”.

Fotografías

Julio Durán Sieiro e Nicolás García Fortes.

Eduardo Troitiño Varela, Jaime Barros Gondariz, Julio Durán Sieiro, Ramón Ricoy Mosquera e Nicolás García Fortes.

Artigos relacionados