David Paz Cachafeiro

David Paz Cachafeiro, fillo de Constantino Paz Gil e 11 anos máis novo que o seu irmán José Paz Cachafeiro, naceu en Cerdedo o 14 de xullo de 1901. Tocaba varios instrumentos coma o trombón, o cornetí e o requinto, pero a súa especialidade foi a caixa. Tamén cantaba nas misas e nas novenas do Ecce – Homo. Influenciado polo seu avó Manuel, a David tamén lle interesaba o mundo da gaita, formando parte do grupo de gaitas dos Durán coma tamborileiro.

Faleceu o 30 de xaneiro de 1980.

A día de hoxe consérvase a caixa orixinal. A continuación a poderedes ver en tres imaxes con diferentes perspectivas:

Caixa - Vista 1

Caixa - Vista 2

Caixa - Vista 3

Destacar a aparición na prensa da época cando regresou da guerra de África e tamén no Boletín Oficial de la Provincia de Lugo no apartado "Relación de las personas mordidas por animales rabiosos y sometidas al tratamiento antirrábico en este Instituto durante el segundo semestre de 1907".

Prensa

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
23/04/1908

El pueblo gallego
19/09/1925

El pueblo gallego
13/12/1925

El pueblo gallego
30/05/1934

El pueblo gallego
07/06/1935

Artigos relacionados