José Paz Cachafeiro

José Paz Cachafeiro, nado o 31 de maio de 1890 en Cerdedo. Fillo de Constantino Paz Gil e irmán maior de David Paz Cachafeiro. Grazas ao seu pai, aprendeu solfexo e, aínda que na banda tocaba o bombo con pratos, tamén tiña coñecementos de bombardino. Mais cando emigrou a Sama de Langreo, abandonou a súa práctica musical. Alí exerceu como corresponsal de prensa.

Tristemente, José Paz Cachafeiro foi fusilado o 30 de maio de 1938, nun momento no que a Guerra Civil estaba en pleno apoxeo.

*Información obtida do libro As bandas de música de Cerdedo (Autor: Manuel Campos Toimil)

Artigos relacionados