Gustaríache colaborar neste proxecto?
José Giadás Nieto naceu en Cerdedo no verán de 1920, concretamente o 17 de agosto. Herdou os mesmos apelidos que o seu pai, pois a súa nai tamén era de apelido Nieto, Anunciación Nieto Varela, filla do músico Andrés de Isidro. Aínda que o seu mestre de música foi Francisco Cerdeira e participou durante moitos anos na súa banda, as primeiras leccións parece ser que as recibiu do seu avó Andrés. Casi sempre tocou coa Banda de Cerdeira, aínda que tamén tivo a oportunidade de colaborar coa de José Benito García.
A información proporcionada está no libro As bandas de música de Cerdedo do autor Manuel Campos. Este libro ofrece unha investigación detallada sobre a historia e o desenvolvemento das bandas de música en Cerdedo, incluíndo información sobre músicos destacados e a súa contribución ao panorama musical local.
Segundo información facilitada por Mercedes Giadás Álvarez, bisneta de Andrés Carmelo Nieto Bértolo, quen se puxo en contacto co proxecto Músicas da Terra de Montes e achegou tamén material fotográfico familiar, José Giadás Nieto participou no fronte ruso coa División Azul durante a Segunda Guerra Mundial. Posteriormente emigrou a Río de Xaneiro (Brasil), onde desenvolveu diversos traballos. Casou con María Luisa Pinto Teixeira e faleceu no Brasil o 14 de xaneiro de 1977.
Fotografía de José Giadás Nieto cedida por Mercedes Giadás Álvarez.