Serafín Fernández Nieto

Serafín Fernández Nieto naceu en Bugarín o 14 de agosto de 1921. Xa de cativo, aprendeu a tocar a gaita e a caixa. Aos 12 anos, saiu por primeira vez tocando a caixa na banda de Cerdeira. Despois da guerra, da man de Cerdeira, aprendeu a tocar o acordeón. En 1942 marchou facer a mili a Marrocos e, a súa volta, continou tocando na Orquestra de Serrapio e Bugarín e no salón de baile de Cerdedo, que tiña o músico Agustín Torres.

Nesta fotografía podémolo ver co seu acordeón. Ademáis desta, Serafín tiña outra coa gaita pero según comentou a súa filla quitáronlla cando foi ao servicio militar xa que precisaban unha fotografía del.

*Información obtida do libro As bandas de música de Cerdedo (Autor: Manuel Campos Toimil)

Artigos relacionados