Los Montes

Los Montes foi un grupo musical que xurdiu despois da disolución do conxunto Changüí. Segundo comenta Manolo Muradás Muradás, máis coñecido como o echacuentas, nunha das súas entrevistas. 

Antes desta agrupación, estaba o grupo Changüí, onde tocaban os irmáns Avelino Alberte Fírvida (acordeón) e Juan Bautista Alberte Fírvida (batería). Posteriormente, Bautista ausentouse e no seu lugar ingresou Pepe Alberte, tamén coñecido como Pepe Orellas. Máis adiante, únese á formación Juan Julio López Barreiro, coñecido como Nito, na voz e posteriormente tamén coa guitarra. A última incorporación sería Manolo coa guitarra. O pouco que sabía foi aprendido de forma autodidacta e coa axuda de Avelino, xa que este si sabía música.

É importante mencionar que Manolo descoñece a data exacta de fundación e disolución do grupo.

De esquerda a dereita: Juan Julio López "Nito" (guitarra), Pepe Alberte "Orellas" (batería), Manolo Muradás "Echacuentas" (guitarra) e Avelino Alberte (acordeón).

Grupo "Los Montes". Diante podemos ver a Isabel co seu fillo José Fírvida, "Maduro".

Artigos relacionados