Avelino Alberte Fírvida

Avelino Alberte Fírvida foi un destacado músico de Soutelo de Montes (Forcarei). Nado o 12 de abril de 1946 e finado o 13 de xullo de 2019, Avelino era parte dunha familia profundamente arraigada na tradición musical.

Criado nun entorno musical desde unha idade moi temperá, a súa conexión coa música foi fortemente marcada polo seu padriño Avelino Cachafeiro Bugallo, o recoñecido gaiteiro de Soutelo deMontes. 

Dende moi novo, Avelino demostrou o seu talento musical e a súa paixón por tocar diversos instrumentos, incluíndo acordeón, teclados e percusión, tanto a tradicional coma a batería. Na súa xuventude, recibiu clases de música do recoñecido Míllara do Carballiño e da señora Segunda en Pontevedra, esposa de Pepe Poceiro. Tamén tivo unha amizade cercana co músico José María Álvarez Sanmartín durante os seus días de formación musical. José María garda un moi bo recordo del, fixeron moi boa amizade, aínda que despois as súas vidas colleron camiños diferentes. Os dous paraban na mesma pousada de Pontevedra, na rúa Charino. Avelino era máis vello ca el. Foron a clases durante unha tempada, pero chegou un momento en que os dous saían da pousada cos acordeóns, pero ían xogar ao billar. Deixaron de ir á academia de música ata que un día chegou o tío de Avelino, José Fírvida Cachafeiro, o Maduro, que viña de Venezuela para ver como ía o sobriño. Cando foi falar con Senguda díxolle que había dous meses que non ía por alí, nin el nin José María. Avelino deixou a academia e José María tamén, escusándose en que xa sabía todo o que tiña que aprender.

Ademáis da súa dedicación á música, Avelino tamén tivo varias ocupacións, incluíndo gasolineiro e funerario, negocios herdados do seu padriño Avelino Cachafeiro, ademáis de taxista. Sen embargo, a súa paixón pola música levouno a formar varios grupos musicais, como Xuncada, Los Montes, Flash ou Os Diplomáticos do Acordeón. Con este último grupo chegaron  a gravar un disco con 12 temas e gañar recoñecemento en toda Galicia. Participaron en programas de televisión de Galicia como Luar ou Alalá.

Na década dos 80 e principios dos 90, Avelino Alberte Fírvida fundou o grupo Os gaiteiros de Soutelo e Coros e danzas da Terra de Montes, que inicialmente era un cuarteto e despois creceu ata ter 60 integrantes entre músicos de gaita e percusión tradicional galega e corpo de baile. Avelino ensinaba música "por método, por solfeo", demostrando o seu compromiso coa difusión e preservación da música.

Ata o día de hoxe, a familia conserva os instrumentos que Avelino solía tocar nos grupos aos que pertencía, mantendo viva a súa memoria e o seu legado musical na comunidade. Avelino Alberte Fírvida deixou unha marca indeleble na música de Soutelo e segue sendo recordado e apreciado pola súa contribución a este rico patrimonio cultural.

De esquerda a dereita: Pepe "tranquilo" cos seus fillos Avelino, Tista e Pepe. Fotografía de Virxilio Viéitez.

Cristina da Murada, Jaime Barreiro, Avelino Alberte e Manuel Barreiro Ouro, ao pé da torre de alarma Barciela, Sta.María de Castrelo, en Forcarei

Actuación musical na sala "Changüí" de Soutelo nos anos 60. Ó acordeón, Avelino Fírvida, e á batería seu irmán Bautista.

Na Changüí, actuando Avelino, Antonio Fernández, Jesús Campos e O Caladiño no ano 1960.
Revista Metacios nºII - 2013

Entre outros músicos, Jesús Campos e Avelino de Soutelo, no ano 1958.
Revista Cotaredo nºXIII - 2011

No bar Changüí en Soutelo de Montes propiedade de Avelino Cachafeiro, coa gaita nesta fotografía. Tamén podemos ver a Bautista Alberte Fírvida á caixa e a Maduro e Avelino Alberte Fírvida aos acordeóns da dereita.

O conxunto musical "Xuncada" de Soutelo nos anos 70.

Xuncada: Bautista Alberte (batería), Maduro (gaita), Francisco Alberte (baixo) e Avelino Alberte (teclados).

De esquerda a dereita: Juan Julio López "Nito" (guitarra), Pepe Alberte "Orellas" (batería), Manolo Muradás "Echacuentas" (guitarra) e Avelino Alberte (acordeón).

Grupo "Los Montes". Diante podemos ver a Isabel co seu fillo José Fírvida, "Maduro".

De esquerda a dereita: Francisco Félix Cachafeiro Fernández (Paco de Cachafeiro), Gumersindo Ramón Pichel Barreiro (Moncho), Avelino Alberte Fírvida, José Fírvida Cachafeiro (Maduro), Juan Bautista Alberte Fírvida (Tista), Concepción Pérez Ruiz e Joaquin Jose Santiago Barreiro Varela.

Conxunto musical "Flash" de Soutelo nos anos 80.

Avelino e o seu irmán Bautista.
Roteiros pola tradición musical da provincia de Pontevedra - Os gaiteiros de Soutelo (2019) - Iniciativa da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s co apoio da Deputación Provincial de Pontevedra

Xurxo Souto e Paco co seu irmán Avelino.
Roteiros pola tradición musical da provincia de Pontevedra - Os gaiteiros de Soutelo (2019) - Iniciativa da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s co apoio da Deputación Provincial de Pontevedra

Bautista, Xurxo Souto, Paco, Jesús e Avelino.
Roteiros pola tradición musical da provincia de Pontevedra - Os gaiteiros de Soutelo (2019) - Iniciativa da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s co apoio da Deputación Provincial de Pontevedra

Jesús Campos e Avelino.
Roteiros pola tradición musical da provincia de Pontevedra - Os gaiteiros de Soutelo (2019) - Iniciativa da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s co apoio da Deputación Provincial de Pontevedra

Jesús Campos e Avelino Alberte.
Roteiros pola tradición musical da provincia de Pontevedra - Os gaiteiros de Soutelo (2019) - Iniciativa da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s co apoio da Deputación Provincial de Pontevedra

Jesús Campos e Avelino Alberte.
Roteiros pola tradición musical da provincia de Pontevedra - Os gaiteiros de Soutelo (2019) - Iniciativa da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s co apoio da Deputación Provincial de Pontevedra

"Os gaiteiros de Soutelo e Coros e danzas da Terra de Montes"

Premio (programa Luar da Televisión de Galicia)

Pandeirada da coroza (programa Luar da Televisión de Galicia)

Parque Venezuela (Soutelo de Montes - Forcarei)

Praza do gaiteiro (Soutelo de Montes - Forcarei - 31.10.1993)

Festas de San Roque (Soutelo de Montes - Forcarei)

Festa do gaiteiro (Soutelo de Montes - Forcarei - 21.08.1993)

Os diplomáticos do acordeón

Programa Alalá, da Televisión de Galicia, adicado ao grupo Os diplomáticos do acordeón.
Data de emisión: 4 de abril de 2006 na Televisión de Galicia

Hoxe estamos co grupo Os diplomáticos do acordeón, unha desas agrupacións marabillosas ás que paga a pena coñecer. Formado por oito homes, oito veteranos para os que a música, mais ca un entretemento, é case un xeito de entender a vida.

Todos pertencen á Terra de Montes, desde Soutelo ata Forcarei pasando por Cachafeiro, unha comarca famosa a principios do século vinte polos gradísimos gaiteiros que lle deron fama. Pero houbo outra época, a partir dos corenta, na que as gaitas deron paso ós acordeóns, anos nos que os salóns de baile se fixeron moi populares e nos que xa se bailan outros ritmos.

Neses salóns de baile “criáronse” varios membros dos Diplomáticos que, desde moi pequeniños, tiveron a obriga de aprender a tocar un instrumento para axudar na economía familiar. Entre eles os irmáns Alberte Fírvida, bisobriños do popular Avelino Cachafeiro, que chegaron a formar un orquestra completa que tocaba no salón de baile da familia, o “Changüí”.

Tamén Moncho aprendeu a tocar o acordeón porque seu pai era o dono do “Paraíso”, un salón de Forcarei que agora lle pertence a el. Un caso semellante é o de Paco Cachafeiro, tamén ligado ó mundo do acordeón e dos salóns de baile.

No Alalá desta semana coñecéremolos a eles e ó resto dos Diplomáticos: a Jesús, un reloxeiro xubilado que, ademais de dar clase, colecciona acordeóns, de feito, xa ten mais de 130 instrumentos; a Toño, un amante da música dos sesenta que desfruta tanto da guitarra eléctrica como do acordeón; e a Joaquín, o vocalista, que canta coa mesma paixón un bolero ca unha muiñeira.

Os diplomáticos do acordeón
Foliada de Cachafeiro (programa Luar da Televisión de Galicia)

Os diplomáticos do acordeón

Popurrí Galego (programa Luar da Televisión de Galicia)

Os diplomáticos do acordeón

Fun ó viño a Ribadavia (programa Luar da Televisión de Galicia)

Os diplomáticos do acordeón

Pezas galegas (programa Luar da Televisión de Galicia)

La década prodigiosa e os diplomáticos do acordeón
(programa Luar da Televisión de Galicia)

Discografía

Cara A

1) Cambeses

2) Jota de Moncho

3) Muiñeira de Ourense

4) Foliada de Cachafeiro

5) Esta noite e mais a outra

6) A ría de Vigo

Cara B

1) Muiñeira de Forcarei

2) Pra onde vas María

3) O viño Alvariño

4) Fandango de Pontevedra

5) Fun o viño a Ribadavia

6) Perfumes de España

Información da gravación:

Homenaxe a Avelino Alberte Fírvida

O sábado 27 de outubro de 2018 celebrouse en Soutelo de Montes (Forcarei) a homenaxe a Avelino Alberte Fírvida, sobriño de Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo.

Polos anos 80, Avelino Alberte, quixo facer soar outra vez a gaita na terra do gaiteiro, formando a catro rapaces para formar un cuarteto de gaitas, o que deu forma co paso do tempo a un grupo de gaitas, “Os gaiteiros de Soutelo”, que contaba cun grupo de baile chamado “Coros e Danzas da Terra de Montes”. Todo isto formado por rapazas e rapaces de Soutelo e da contorna. Dito grupo desfíxose no ano 2000. Ademáis, foi o que iniciou a xa máis que coñecida “Festa do Gaiteiro” na mesma vila.

É por iso que Rubén Troitiño decidiu facerlle unha homenaxe a Avelino Alberte, xuntando a todos os seus alumnos do grupo de gaitas (Abraham Casal, Francisco Varela, Ramiro Alberte, Óscar Antelo, Juan Fírvida, Jose M. Rivas, Diego Rivas, Miguel Viéitez, Jorge Viéitez, Andrés Rodríguez, Manuel Ángel Gil, Jose Manuel Álvarez, Andrés Porto, Jose Doval, Antonio Bugallo, Paulo Vicente e Jaime Darriba) onde tamén se sumaron catro grupos: as pandereteiras Rebuldeiras de Soutelo de Montes, o grupo de gaitas da Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo, as pandereteiras do Val de Quireza e Seitura de Pontevedra.

O que ía ser unha pequena xuntanza do grupo de gaitas acabou nunha xuntanza de catro grupos, xente que por un motivo ou outro quixo darlle as grazas por todo o traballo feito. Como fin de festa pechouse o acto cunha ruada de libre participación.

Colaboraron nesta homenaxe:

Pandereteiras Rebuldeiras, A. C. Os Abrentes de Cerdedo, Pandereteir@s do Val de Quireza, Seitura de Pontevedra, Asociación Socio-Cultural O Can de San Roque e CEIP Soutelo de Montes (Forcarei).

Rubén Troitiño prensentando a homenaxe.

Avelino Alberte Fírvida.

Hermitas e Avelino.

Bautista Alberte Fírvida.

Ramiro e Avelino.

Os gaiteiros de Soutelo – Exalumnos de Avelino Alberte.

Os gaiteiros de Soutelo – Exalumnos de Avelino Alberte.

Os gaiteiros de Soutelo – Exalumnos de Avelino Alberte.

Seitura.

Pandereteiras Rebuldeiras (Soutelo de Montes).

Os Abrentes de Cerdedo.

Pandeireter@s do Val de Quireza.

Artigos relacionados