Coplas toponímicas
Está claro que a toponimia é un elemento moi importante na cultura galega e, por tanto, tamén na música popular. As coplas e cantigas populares fan referencia constantemente aos nomes dos lugares e aos elementos do entorno, como os ríos, as montañas ou os camiños. Esta toponimia é parte do noso patrimonio cultural e contribúe á conservación da memoria colectiva.
Nesta sección, abordaremos as coplas que mencionan topónimos da área que abrangue o antigo concello de Cerdedo e o concello de Forcarei, xunto con outras localidades próximas.
A procura da nosa identidade - Terra de Montes
Título: A procura da nosa identidade - Terra de Montes
Coordinación: José Raposeiras Correa
Colaboradoras: María Elisa Roca Rodríguez e Mirian Raposeiras Roubín
Deseño da cuberta: José María Barreiro Gómez
Revisión lingüística: María Elisa Roca Rodríguez
Maquetación: XFG
Edita: Deputación de Pontevedra
Impreso en: Gráficas Salnés
Depósito legal: PO 570-2007
ISBN: 978-84-8457-297-8
Deputación de Pontevedra
Presidente: Rafael Louzán Abal
Vicepresidente e deputado da área de Cultura: José Juan Durán Hermida
Servizo de Publicacións
Dirección: Miguel Pereira Figueroa
Primeira edición. 2007
© Da primeira edición: Diputación de Pontevedra. Editorial
© Dos textos: Os autores
© Das fotografías: Os autores
ZONA DE FORCAREI
AZUCENA ARIAS CORTEA. CEIP de Vilaverde - Mourente
DOLORES ARIAS CORREA. CEIP de Viñas - Poio
A riqueza cultural de calquera pobo mídese non só polo seu patrimonio histórica-artístico senón tamén polas manifestacións orais. A tradición oral popular forma parte do patromonio inmaterial que debe ser recollido, coñecido e conservado. A este ámbito pertencen diferentes textos de literatura oral como lendas, contos, romaces, paremias, refráns, adiviñas, ditos e cantigas.
A través destas manifestacións da cultura propia é posible identificar as claves da expresión dun pobo que se foi transmitindo de xeración en xeración, de nais e pais a fillos e fillas e ata a netos e netas.
Non será con este artigo co que se tente indagar a esencia de todo un opatrimonio oral de séculos, só pretende ser unha pequena contribución á recuperación da tradición oral cantada dun lugar do concello de Forcarei (Presqueiras). Este anaquiño da literatura popular chegou a nós a través da nosa nai, á que lle debemos que nos deitase nos oídos un tesouro tan valioso -mesmo nos intres en que non estabamos dispostas a escoitalo- e á súa insistencia en repetirnos unha e outra vez retazos da súa memoria, en escribilos e mesmo grabalos. Este é o motivo polo que hoxe podemos poñer aquí algo dese legado.
O patrimonio musical é sen dúbida moi amplo∞⁵¹, por iso a nosa intervención se limitará a recompilar, de xeito moi subxectivo, algunha cantiga das que temos coñecemento, evitando mencionar aquelas máis repetidas nos cantigueiros e que tamén forman parte, por suposto, do acervo cultural da nosa bisbarra. 52
Neste espazo que se nos brinda procuraremos reunir algúns exemplos de cantigas propias de diversas épocas do ano, cantigas para acompañar traballos, cantigas para acompañar o baile,...
Respecto da lingua que aparece nas cantigas, un primeiro dato a salientar é que, inda que as examinemos superficialmente, observaremos que existe certa cantidade de composición en lingua castelá. Isto pódese atribuír á emigración temporeira a Castela, que permitía traer ó lugar unha importante bagaxe de coplas desa zona; á chegada de persoas de fóra para traballar nasa minas (minas do Rego da Auga 53 - Estañíferas de Galicia); e a influencia durante o século XX de ambientes castelanizantes (igrexa, escola,...).
Todas estas influencias provocaron unha interrelación entre castelán e galego, de xeito que se pode atopar cantigas galegas traducidas ó castelán e viceversa, e mesmo outras nas que aparecen palabras das dúas linguas. Procuramos transcribilas respectando a lingua na que nos foron cantadas.
Para clasificalas non se seguiron criterios alfabéticos senón temáticos:
Cantigas relacionadas coas festas cíclicas anuais
Cantigas que citan a terra propia
Cantigas relacionadas co amor
Cantigas relacionadas coa emigración
Cantigas relacionadas con traballos cotiás e profesionais
Cantigas relacionadas con celebracións familiares e con membros das mesmas
Cantigas que usan do santoral
Cantigas de festas
Cantigas de regueifas
Outras
A clasificación que propoñemos non ten a pretensión de ser totalmente exacta ou exhaustiva, o que por outra banda non nos semella nada doado pois hai cantigas de difícil inclusión, ben polo seu tema, ben porque poderían pertencer a máis dun grupo. Decidimos consignar aquí maioritariamente só estrofas de catros versos, inda que existen composicións máis extensas e máis curtas.
CANTIGAS QUE CITAN A PROPIA TERRA
Existen variadas cantigas que falan da propia terra e dos arredores. A maioría delas fano gabando aspectos como: a auga, as mozas e os mozos, os productos, etc. Algunhas destas cantigas acostumaban aparecer en xuntanzas, onde era doado que houbese xente de diferentes pobos, parroquias,... Xunto a elas ás veces xurdían cantigas que aludían ós lugares próxismos, indicando certa rivalidade.
Quen me dera en Soutelo
unha variña de terra,
para ir bota-la aghua
e pasearme por ela.
Hache de ser de Soutelo,
de Soutelo che ha de ser,
hache ser de Soutelo
a augha que hei de beber.
Outeiriño todo ten,
Outeiriño todo cría,
boas mozas e bos mozos
boa cara de aleghría.
Heime casar no Samarco
que é terra de moito pan,
o forno da miña soghra
bota silvas polo vran.
Outeiriño é boa vila,
Outeiriño é boa vila,
se non foran as montañas
que ten ó lado d'arriba.
Subir e beixa-la costa,
subir e beixa-la costa,
ós mociños de Presqueiras
pouco traballo lles costa.
As mociñas de Presqueiras
elas moi bonitas son,
delghadiñas da cintura,
e aleghrés do corazón.
Indo por Ghisande arriba
non hai vara que cortar,
os mozos e mailas mozas
rabean por se casar.
No medio de Outeiro
hai unha fonte redonda
onde sentan as mozas
para botar unha ronda.
CANTIGAS DE FESTA
Baixo este epígrafe recollemos cantigas que eran cantadas en romarías, ruadas, etc., e que mesmo as mozas e os mozos cantaban e bailaban en festas espontáneas ou preestablecidas. Os instrumentos musicais empregados na maioría os de percusión indeterminada e a gaita.
O ghaiteiro de Soutelo
vai tocar a Millerada,
si ese ghaiteiro non vai
o baile non vale nada.
Aportacións ó cancioneiro de Cotobade
Título: Aportacións ó cancioneiro de Cotobade
Autor: Antonio Fraguas Fraguas
ISBN: 84-398-4218-X
Depósito legal: VG-163-1985
Edita: Fundación Otero Pedrayo, Trasalba (Orense)
Desta edición do libro APORTACIÓN Ó CANCIONEIRO DE COTOBADE, de Antonio Fraguas, fixéronse dúas tiradas:
Unha ordinaria de mil concocentos exemplares, se numerar, en papel offset pigmentado branco de 125 grs., e encadernada en rústica
Outra especial dun só exemplar, numerada, impresa sobre papel rexistro crema de 140 grs., e encadernada en pel, destinada ao autor, para lle entregar no acto de homenaxe que en Trasalba organiza a Fundación Otero Pedrayo
Trasalba, 9 de xuño de 1985
185
Cando vaias pra Caroi
ten coidado no camiño,
mira que che está o demo
metido nun buratiño.
215
Carreteiros de Cerdedo
van polo Paraño arriba;
meniñas de Vilapouca
téndelle a carne cocida.
273
De Caroi á Corredoira
hai moi pouquiño que andar,
por eso os enamorados
teñen pouco que falar.
298
En Loureiro teño amores,
en Caroi non teño nada,
e na parroquia veciña
teño unha palabra dada.
414
Fun ó Santo Estevo a Pedre
vin polo San Xoán de Dorna,
veño moi agradecido
desa María Polonia.
426
Hei de ir casar a Caroi,
¡que demoro pode ser!
anque non haxa máis
pataquiñas ha de haber.
434
Heime de casar en Caroi
que é terra de moito pan,
o forno da miña sobra
cría silvas polo vran.
472
Mariana de Soutelo
ten a saia de veludo,
e por debaixo da saia
ten un bicho cabeludo.
619
O Abalde de Cerdedo
ten unha vena de louco;
señor San Xoán de Cerdedo
non o poña para do outro.
672
O gaiteiro de Soutelo
mal raio de Dios o mate,
non quere tocar a gaita
sin tomar o chicolate.
674
O lugar de Vilaalén
de lonxe parece vila,
ten un caravel na entrada
e unha rosa na salida.
789
Quen me dera en Caroi
un pedaciño de terra,
para ir botar a auga
e pasearme por ela.
Cancioneiro musical de Galicia
Cancionero musical de Galicia, reunido por Casto Sampedro y Folgar:
ZONA DE FORCAREI
Cancioneiro popular da provincia de Ourense - Vol. 1
Título: Cancioneiro popular da provincia de Ourense
Dirección: Mariló e Xulio Fernández Senra
Análise e Estudio Literario: Fº Xavier C. Álvarez Campos e Salomé Fernández Senra
Transcrición de Partituras e Estudio Musical: Carlos Iglesias Borrajo e Ana Rosa Morán Viera
Ilustracións: Luís Cid
Asesor Lingüístico: Delfín Caseiro Nogueiras
Traballo de Campo: Equipos de Investigación da Escola Provincial de Danzas da Deputación de Ourense e da Agrupación Castro Floxo
Ex-Libri: Tomás Vega
Edita: Deputación de Ourense | 1ª Edición, Ourense, 1997
Maqueta e infografía: X. L. Vázquez e N. Carpentier, S.C.
Impresión: Gráficas RODI, Ourense
ISBN: 84-87575 -47-1
ZONA DE BEARIZ
Os canteiriños de Beariz,
cando veñen de Castela,
non veñen polo Paraño
que veñen por Pena Marela.
Tecedeiras de Beariz,
tece no liño que tece,
o voso tecer, tecer,
venvos así desde o berce.
Tecedeiras, tecedeiras,
tecedeiras de Beariz,
o voso tecer ben feito
xa vos ben desde a raíz.
O amiero prende de póla,
e o salgueiro de raíz,
tamén prenden os meus ollos
no lugar de Beariz.
Dende Beariz a Valcobo
teño os pasos ben contados,
dende Valcobo a Beariz,
téñochos ben repasados.
Teño unha moza en Xirazga,
teño outra en Lebozán,
e para ver á de Beariz
vou pola ponte Garfián.
Cando saín de Beariz
andaba ás apalpadelas,
como non se vía nada,
fun bater na túa cancela.
Cando saín de Beariz,
os meus ollos eran fontes;
adiós montes de Beariz,
adiós meu Beariz de Montes.
Fun de Beariz a Soutelo
cun chover que era arroiar,
cando cheguei a Santiago,
era hora de cear.
Pasei a Ponte Liñares,
paseina todo mollado,
e fun chegando a Beariz
cos zocos case enxugados.
O salgueiro prende de póla,
o amieiro de raíz,
tamén os meus ollos prenden
no lugar de Beariz.
Fun a pé, desde Beariz,
rezarlle ao San Saturniño;
cando cheguei ao Regueiro,
a auga sóubome a viño.
Cando saín de Beariz
pola ponte das Coireiras,
cantaban no monte os grilos
e o cuco nas carballeiras.
Fun de Beariz a Acibeiro
cun chover que era arroiar;
estaba a cair en Soutelo
o diluvio universal.
O cura de Beariz
está chorando na horta,
que lle roubaron a Pepa
polo burato da porta.
Os canteiros de Beariz,
cando veñen de Castela,
non veñen polo Paraño,
veñen por Pena Marela.
Vexo Beariz e o Candedo
desde o alto de Marcofán,
vexo aos canteiros que veñen
de traballar de Canfrán.
Os canteiros de Beariz
teñen a sona e a fama,
pois non hai no mundo enteiro
quen pique mellor a pedra.
Á Virxen de Beariz,
teño que comprarlle un manto,
para que así as malas lenguas,
de min non se acorden tanto.
A Virxen de Beariz
foi tres anos muiñeira;
tiña a palanquiña de ouro
e a vasoira de oliveira.
Ao subir ao Casteliño
e ao baixar a Cabadón,
as mociñas da Xirazga
lévoas no meu corazón.
As mociñas da Xirazga
cantan e poden cantar,
que ten a San Salvador
á entrada do lugar.
De Lebozán a Xirazga,
fun polo monte a través,
cando pasei por Costolla,
xa non podía cos pés.
Viva o lugar da Xirazga,
ladeiras, costas e fondos,
viva o lugar da Xirazga
cos seus veciños contornos.
De Xirazga para el cielo,
de Xirazga para el cielo,
hasta las mismas paredes
tiran penas y dan consuelo.
O curiña de Pesqueiras
non ten capa nen capelo;
viva o noso de Xirazga
que a ten de terciopelo.
O curiña da Xirazga
cando vai decir a misa
dá unha volta no adro,
viva a flor da Galiza.
O curiña da Xirazga
ten a camisa rabela
que lla fixo a costureira
pra que non cagase nela.
Lugarciño de Xirazga,
¡que fortuna foi a nosa!
temos un curiña novo,
bonito como unha rosa.
A Porteliña da Cruz
debía de estar cuberta
prós mociños da Xirazga
cando van a Barcia á festa.
San Salvador en Xirazga
e o Carme en Doade,
e Santo Domingo foise
pró monte porque era frade.
O cantar do arrieiro
é un cantar moi baixiño,
cántano en Doade
e resoa no Eixido.
Carretera de Doade,
as silveiras botan flores,
por aquelas carrreteras
paséanse os meus amores.
Pola Portela cantando,
pola Portela cantando,
as mociñas de Doade
quedan no río lavando.
O cantar do arrieiro
é un cantar moi baixiño,
cántano en Doade
e resoa no Eixido.
Pola Portela cantando,
pola Portela cantando,
as mociñas de Doade
quedan no río lavando.
Pola Portela cantando,
pola Portela cantando,
mociños os de Doade
quedan na Braña xogando.
Castañetas de sanguiño,
quen as soubera tocar,
os mociños de Doade
sábenas repinicar.
Adiós feira de Doade,
feira de pasar o tempo,
onde se van pasear
catro cabezas de vento.
Pola Portela da Cruz,
meus suspiros van correndo
Adiós lugar de Doade,
tan lonxe te estou querendo.
Adiós, casa de meus pais,
ventanas e corredores,
adiós lugar de Doade,
todo cuberto de flores.
Adiós, feira de Doade,
feira de pasar o tempo,
onde se van pasear
catro cabezas de vento.
Teño uns zapatiños novos,
outros dados a solar,
de Doade para a Cabada,
todos os hei de gastar.
Adiós, feira de Doade,
onde se perden as dores,
as casadas aos seus homes,
os solteiros aos amores.
O Carme está en Doade
e en Magros está San Xoán,
Santa Cruz e a Candelora,
estanvos en Lebozán.
Quen me dera, quen me dera,
quen me dera o que non teño,
unha veiga en Lebozán
e os amores en Soutelo.
Adiós, feira de Doade,
onde se perden as dores,
as casadas aos seus homes,
os solteiros aos amores.
Río da ponte da Pedra
baixa a modo e vén mansiño,
deixa que me chegue enxoito
de Magros o meu cariño.
Eu pasei Pena Marela
por ir ao San Xoán de Magros,
topeime cos de Liñares
que viñan facendo estragos.
Anque somos da Candosa,
sabemos facer as cestas,
non somos como os de Magros,
que son un fatos de bestas.
Quen veña á corrida de Magros,
que veña ben preparado,
que ao mellor vén de galiño
e vai co lombo escaldado.
San Antoniño da Ermida
díxolle a San Xoán de Magros:
se non che caso eu ás mozas,
ti non dás unha no clavo.
San Antoniño da Ermida
díxolle a San Xoán de Magros:
se non che caso eu ás mozas,
ti non dás unha no clavo.
Carreteiriña da Bouza,
chapeada de pizarra,
para pasaren de noite
os mociños de Cabada.
¡Na miña vida vin outra,
na miña vida vin outra!
Un pé de muíño colgado
nun castiñeiro da Bouza.
Como as mociñas da Bouza
non as hai no mundo enteiro,
saben traballar de todo,
e tamén de carpinteiro.
San Bartolomeu da Bouza
ten a ermida no outeiro,
que lla fixeron de noite
unha muller e un canteiro.
Lugarciño de Correa
por debaixo pasa o río,
por arriba se pasea
“el amor que ha de ser mío.”
Pereira, dame unha pera,
nogueira, dame unha noz
mociñas das de Correa,
¿quen se ha de apartar de nós?
Ricobanca, Ricobanca,
tenche envidia Compostela,
se ela ten a catedral,
ti tes a ponte de pedra.
ZONA DE FORCAREI
O gaiteiro de Soutelo
foi tocar á Santa Marta,
e no medio do camiño
escangallóuselle a gaita
Quen me dera, quen me dera,
quen me dera o que non teño,
unha veiga en Lebozán
e os amores en Soutelo.
Cando pasei por Soutelo,
os meus ollos eran fontes;
adiós montes de Soutelo,
adiós Soutelo de Montes.
Fun de Beariz a Soutelo
cun chover que era arroiar,
cando cheguei a Santiago,
era hora de cear.
Fun de Beariz a Acibeiro
cun chover que era arroiar;
estaba a cair en Soutelo
o diluvio universal.
O gaiteiro de Soutelo,
¡mala centella cho mate!
Non quere tocar a gaita
se non lle dan chocolate.
O gaiteiro de Soutelo
foi tocar á Santa Marta,
adormeceu no camiño
e os cans rilláronlle a gaita.
Viva a gaita e o gaiteiro,
viva a gaita e o gaiteiro,
vivan as mozas bonitas
do lugar de Acibeiro.
Aquí aparta o camiño,
aquí aparta o carreiro,
aquí aparta o camiño
prós que van cara Acibeiro.
Fun de Beariz a Acibeiro
cun chover que era arroiar;
estaba a cair en Soutelo
o diluvio universal.
ZONA DE CERDEDO
Agora que imos baixando
cara a San Juán de Cerdedo,
mociños de Vilablanca,
agora non teño medo.
Cantareira de Barro de Arén - Manuela Cortizo Medal
Título: Cantareira de Barro de Arén
Autor: Xosé Lois Foxo
ISBN: 979-0-69200-804-0
Depósito legal: VG 122-2012
Primeira Edición: Maio 2012
Edita: Inquedanzas Sonoras
Revisión lingüística: María Ruth Foxo Aira e Gabinete Lingüístico da Deputación de Pontevedra.
Coplas recollidas no libro Cantareira de Barro de Arén, Manuela Cortizo Medal do autor Xosé Lois Foxo.
ZONA DE CERDEDO
I o lugarciño de Barro
é moi digno de querer,
Ten un loureiro no medio
que alumea sen arder.
I as mociñas, las de Barro
eu direi quen elas son,
delgadiñas da cintura
alegres do corazón.
Cerdediño prós amores
Cerdediño prós amores,
a fonte na carretera
San Juan no medio das torres.
Viva Barro, viva Barro
viva Barriño de Arén-e,
viva Barro, viva Barro
viva Meilide tamén-e.
Miña monteira garrida
miña monteira garrida,
cantas veces me encubriches
alá por Soutelo arriba.
Carballás está no alto
Meilide ramo de palma,
Cerdedo da miña vida
Barriño da miña alma.
Para Barriño hei de ir-e
para Barriño hei de ir-e,
aunque me poñas cancelas
tódalas hei de partire.
A estradiña de Barro
cuberta de coios brancos,
paséana os meus amores
domingos e días santos.
A estradiña de Barro
no la pasean chavales,
la pasean buenos mozos
con las mocitas formales.
Viva Barro, viva Barro
por tódolos arredores,
terra de moitas castañas
vivan os apañadores.
Barriño para cantar
Barriño para cantar,
anque non sea moi alto
sábeno adoneirar.
O lugarciño de Barro
de lonxe parece vila,
se non fora os outeiros
que ten ao lado de arriba.
O lugarciño de Barro
desde lonxe resplandece,
canto máis miro pra el
máis bonito me parece.
Viva Barriño que tiene
las ventanas hacia el norte,
vivan los chicos valientes
que las pasean de noche.
Anque somos de Barriño
daquela triste montaña,
anque somos de Barriño
ojo que la vista engaña.
Pasei a ponte de Arén
paseina de madrugada,
iba moer ao teu muíño
tíñala porta pechada.
Somos de Barriño somos
no nos podemos negar,
e nótase na fala
e no modo de cantar.
Quen me dera en Cerdedo
unha leiriña de terra,
para ir botala auga
e pasearme por ela.
Por Carballás nace o sol
por Abelaíndo a lúa,
no lugarciño de Barro
a estrela que a min me alumbra.
Carballás está no alto
Carballás está na costa,
pra subir a Carballás
moito traballo me costa.
Canto o reló de Cerdedo
se escoite en Barro de Arén,
preparade os carapuchos
morenas que vai chover.
Santa Polonia en Quireza
e a rapa en Sabucedo,
os dolores en Forcarei
o Ecce Homo en Cerdedo.
Ao subir a Pardaíña
a Pardaíña pra Barro
ao subir a Pardaíña
todo me parece llano.
Somos de Barro
somos de Barro de Arén,
temos moitas cousas boas
e temos a San Miguel.
O lugar de Barro
hai que ir a escoitar
aquelas mulleres
que saben cantar,
que saben cantar
que cantan moi ben
o lugar de Barro
de Barro de Arén.
ZONA DE FORCAREI
O gaiteiro de Soutelo
foi tocar a Redondela,
perdeu a gaita no monte
i a muller chora por ela.
O gaiteiro de Sorribas
foi tocar a Santa Marta,
adormeceu no camiño
e os cas rilláronlle a gaita.
I arrieiro da Murada
vai polo Paraño arriba,
mociñas de Vilapouca
téndell'a carne cocida.
Fun ao viño ao Ribeiro
e pasei pola Almuzara,
e no alto de Soutelo
batéume a neve na cara.
Cantares de Manuela de Barro - Achegas ao cantigueiro de Cerdedo
Título: Cantares de Manuela de Barro - Achegas ao cantigueiro de Cerdedo
Autor: Calros Solla
ISBN: 978-84-936509-6-4
Depósito legal: M-51202-2008
Impresión: Publicep Libros Digitales, S.L.
ZONA DE CERDEDO
13
Adeus San Xoán de Cerdedo,
que as costas che vou dando;
adeus San Xoán de Cerdedo,
que o regreso, sabe Deus cando.
14
Á entrada de Cavenca,
hai unha pedra redonda
cun letreiro que di:
"Mulleres a perra gorda".
15
A estradiña de Barro
non a pasean rapaces,
que a pasean bos mozos,
bos mociños formales.
94
"Anque" somos de Barro
daquela triste montaña;
"anque" somos de Barro,
ollo, que la vista engana.
107
Ao pasar por Chamadoira
por Chamadoira pasei cantando;
as mozas de Chamadoira
quedan no río, quedan lavando.
111
Ao subir a Pardaíña
a Pardaíña para Barro;
ao subir a Pardaíña,
todo me parece chairo.
118
A pereira respondeume,
toda cheíña de flores:
dos de Barro non te fíes,
que son moi enganadores.
120
Aprendín a cazador
polos montes de Cavenca
agora xa vou cazando
lebres de cabeza branca.
124
Árdelle o eixo,
árdelle o carro;
árdelle o eixo
bótalle barro
Árdelle o eixo,
árdelle o carro;
árdelle o eixo
ás mozas de Barro.
129
Arrieiros de Cerdedo,
van polo Paraño arriba;
neniñas de Vilapouca
téndelle a carne cocida.
136
A santa Mariña do Seixo
ten un dengue colorado,
que llo deu o taberneiro
para vender o viño caro.
137
A santa Pelonia en Quireza
a Rapa en Sabucedo,
as Dolores en Forcarei
e o Ecce Homo en Cerdedo.
145
As mociñas da Revolta
son pequenas e redondas;
se lles apertan a barriga,
cagan foguetes coma bombas.
146
As mociñas de Barro,
eu direi quen elas son:
delgadiñas da cintura,
alegres do corazón.
147
As mociñas de Cavenca
non é unha que son todas,
poñen tres pares de media
para facer as pernas gordas.
151
As mozas de Abelaíndo
din que non beben viño,
e debaixo do mantelo
levan o xerro escondido.
153
As mozas de Carballás
cando bailan no quinteiro,
botan os ollos para a gaita,
as olladas, para o gaiteiro.
162
A subila e a baixala,
a costa de Carballás;
a subila e a baixala,
perdín o pano das "mas".
165
Á Terra de Montes pechan
catro cumes o seu van:
o Seixo con Costoia e Coco
e o bo patrucio Candán.
186
Barriño para cantar,
Barriño para cantar,
"anque" non sexa moi alto;
sábeno adonairar.
193
Caeu a ponte Piñoa
quen a ha de levantar;
serán os mozos de Barro
que por ela han de pasar.
195
Cando baixo o monte
polo camiño do carro,
ao chegar a Penaghrande,
xa vexo o lugar de Barro.
200
Cando o reloxo de Cerdedo
se oe en Barro e Arén
preparade os carapuchos
morenas, que vai chover.
202
Cando pases por Lourido
leva o chapeu na man;
mira que son señoritas,
non sei se che falarán.
203
Cando pases por Lourido,
por Lourido de Cerdedo;
dálle moitos recordos
ás mociños dese pueblo.
207
Cando paso por Meilide
sempre che paso cantando;
as mozas do lavadoiro,
lavan e non dan lavado.
210
Cando vaias para Caroi
ten coidado no camiño;
mira que che está o demo
metido nun buratiño.
211
Cando vou para Barriño
todos os aires me levan;
cando vou para outro lado,
nin aire nin cosa buena.
223
Canteiriños de Cerdedo
van pola Rampla arriba;
neniñas de Soutelo,
téndelle a carne cocida.
253
Chamadoira é boa terra,
é ruín porque a fan;
se trigo lle sementaran,
aínda daba o azafrán.
271
Costureiriña da Revolta,
costureira revoltada;
onde deixaches a agulla
que andas coa saia rachada.
292
De Caroi a Abelaíndo
hai unha legua de monte;
vivan os mozos solteiros
que o pasean pola noite.
293
De Cavenca á Revolta
hai unha carreira de can;
da Revolta a Cavenca
xa as contas non me dan.
294
De Cavenca á Revolta
todo é camiño de chan;
todo son rosiñas rubias
postas pola miña man.
295
De Cerdedo deben ser,
de Cerdedo deben ser;
onde elas lavan a cara,
calquera pode beber.
302
De Lourido a Buduído
hai moi pouquiño que andar,
por iso os namorados
páranse pouco a falar.
304
Dende Barro a Limeres
hai unha legua de monte;
viva quen a pasea,
alá pola media noite.
305
Dende o alto do Seixo
vexo a Pontevedra nun cadro;
tamén vexo o meu amor,
vestidiño de soldado.
307
-De onde son os canteiros
que pasan a ponte de pedra:
-Son de Tomonde e Quireza,
que marchan para Compostela.
313
Deste lugar de Chamosa é
a xota que cantamos;
levouna Xosé Mariño,
cando foi casar a Barro.
323
Din que Cerdedo é feo,
ten as casas sen balcóns;
pero ten nenas bonitas
que rouban os corazóns.
334
En Carballás non caso,
en Arén póñoo en dúbida;
heime de casar en Barro
co fillo dunha viúva.
348
Ese lugar de Lourido,
heino de afundir a tiros;
unha rapaza que hai nel,
lévame os cinco sentidos.
371
Estradiña de Barro
cuberta de coios brancos;
paséana os meus amores,
domingos e días santos.
372
Estradiña de Cerdedo,
as silveiras botan flores;
por aquela estradiña,
pasean os meus amores.
373
Estradiña de Cerdedo,
cando eu a paseaba,
era de noite e chovía
pero eu non me mollaba.
435
Folgosiño, Folgosiño
moita borra e pouca planta;
comen o caldo sen unto
e dormen na cama sen manta.
436
Forcarei é boa terra,
A Estrada, bo terrón,
Cotobade ten boas leiras,
mais coma Cerdedo non.
443
Fun ao baile a Cerdedo
e metín o pé nunha poza;
deille un bico a unha vella,
pensando que era unha moza.
447
Garda santiña do Seixo,
o meu amor que traballa
de canteiro na Castela
coa calor e a xeada.
451
Hai unha flore en Barro
que ten fermosura e vida,
sae no inverno coa xeada,
sae e non se marchita.
462
Hei de ir para Cernados,
para Cernados hei de ir;
"anque" me poñan cancelas,
todas hei de partir.
464
Hei de ir ao San Bernabé,
ao San Bernabé de "vran";
hei de ir ao San Bernabé,
tamén os meus amores van.
466
Heime de ir a casar a Caroi
que é terra de moito pan;
no forno da miña sogra
inzan as silvas de "vran".
472
Indo polo río arriba,
non hai varas de cortar;
os mozos da Cavadosa
non saben troulear.
473
Indo polo Seixo arriba,
deille a volta ao meu capote;
acordoume miña nai
e mais as papas do pote.
559
Na banda de alá do río,
pregunteille a unha raposa;
onde queres ter amores,
en Barro ou na Cavadosa.
565
Na ribeiriña do Lérez,
naceu a miña nai Dolores;
naquela aldea de Pedre,
naiciña dos meus amores.
570
Neno Xesús de Caroi,
onde ti fuches nacer;
nese lugar de Medelo
no que non hai que comer.
577
No lugar de Abelaíndo,
na primeira casa, non;
na segunda, queridiña,
deixei o meu corazón.
578
No medio de Carballás
hai unha pedra redonda,
onde sentan os mozos
cando veñen de rolda.
584
Non chas quero de Lourido,
non chas quero de Lourido;
quérochas da Revolta,
ao do sombreiro florido.
622
No outeiro de Chamadoira
hei de dar una asubío;
adeus mociñas de Limeres,
non pasaredes o río.
623
Nosa santiña do Seixo
que alta te foron pór;
dálle o aire, dálle o vento;
ten a neve darredor.
653
O cura de San Martiño
nin ten capa nin capelo;
viva o da nosa parroquia,
que os ten de terciopelo.
654
O cura de San Martiño
ten un burato no cu,
que llo fixeron os ratos
pensando que era pan cru.
682
O lugarciño de Barro,
de lonxe parece vila;
se non foran os outeiros
que ten ao lado de riba.
683
O lugarciño de Barro
dende lonxe resplandece;
canto máis moiro para el,
máis bonito me parece.
684
O lugarciño de Barro
é moi digno de querer;
ten un loureiro no medio
que alumea sen arder.
685
O lugarciño de Barro
heino de afundir a tiros;
teño unha rapaza nel,
róubame os cinco sentidos.
703
O pandeiro toca ben,
as ferreñas danlle o son;
as manciñas que o tocan,
elas de Barriño son.
715
Os carballos de Meilide
todos se están a bater;
os mociños de Meilide
son moi dignos de querer.
719
Os mozos de Barro e Arén,
de Cavenca e Cerdedo;
todos xuntos a comer
non dan conta dun becerro.
738
Pasi a ponte de Arén,
paseina de madrugada;
fun moer ao teu muíño,
topei a porta pechada.
739
Pasei a ponte do Pego
paseina nunha carreira;
ía detrás dunha legre,
saíume unha costureira.
740
Pasei a ponte Piñoa
paseina de madrugada;
topei un anel de ouro
nunha mazá colorada.
742
Pasi a serra do Cando,
unha noite de trebóns;
caía a auga tan xunta
que mollei até os calzóns.
759
Pola carballeira arriba,
dando volta por Cerdedo;
fillo da capadora,
ven capar o meu cadelo.
760
Pola costa de Meilide
as silveiras botan flores;
por aquela costiña
pasean os meus amores.
770
Por Carballás nace o sol,
por Abelaíndo, a lúa;
polo lugarciño de Barro,
a estrela que a min me aluma.
772
Por ir ao baile á Cavadosa,
por ir ao baile, perdín a moza;
por ir ao baile, a moza perdón,
outra para o sitio ha ter que vir.
787
Quen che me dera en Barro,
en Barro quen che me dera;
quen che me dera en Barro,
Barriño da miña terra.
790
Quen me dera en Cerdedo
unha leiriña de terra,
para irlle botar a auga
e pasearme por ela.
791
Quen me dera, quen me dera,
quen me dera o que non teño;
quen me dera ter amores
no lugarciño de Cerdedo.
810
San Miguel de Arén
e moi amigo do mosto;
san Martiño de Figueroa,
dos porcos e do magosto.
813
Santa Pelonia en Quireza,
san Xoán en Cerdedo,
as Dores en Forcarei
e a Rapa en Sabucedo.
815
Santo Antonio de Cerdedo,
casamenteiras das vellas;
por que non casas as novas,
que mal che fixeron elas.
816
Santo Antonio de Cerdedo
está ao pé de dous camiños;
pola súa ponte pasan
as mozas de Biduído.
817
Santo Antonio de Cerdedo
ten una pipa no monte;
as mulleres beben viño,
os homes, auga da fonte.
832
Se mañá che preguntasen
de quen era a parranda,
foi dos mozos de Cerdedo,
porque neles ninguén manda.
845
Sempre te atopo lavando
no río do Seixo lixeiro;
quen me dera ser o río,
onde te laves primeiro.
853
Se o río Lérez levara coñac,
todos os borrachos irían alá;
irían alá, irían alá;
se o río Lérez levara coñac.
878
Somos de Barriño, Barro,
non o podemos negar;
nótasenos na fala
e no xeito de cantar.
895
Teño un amor en Cerdedo,
outro amor teño en Bueu,
outro anda en Pontevedra;
o dono do corazón meu.
968
Vente comigo Rosiña,
vente comigo se queres;
alá pola media noite,
chegaremos a Limeres.
975
Viña da Casa da Cova,
viña co carro da xesta;
víñache con moita présa,
quería marchar para a festa.
Eran vinte e catro feixes
os que traia no carro;
as vacas viñan cansadas,
cando chegaban a Barro.
979
Viva Barro, viva Barro
e todos os arredores;
terra de moitas castañas,
vivan os apañadores.
980
Viva Barro, viva Barro
e viva Arén tamén;
se Barro ten boas mozas,
Arén tamén as ten.
Viva Barro, viva Barro
viva Barriño de Arén;
viva Barro, viva Barro,
estas si que cantan ben.
981
Viva Barro, viva Barro,
viva Barriño de Arén;
"anque" digo viva Barro,
viva Cerdedo tamén.
982
FOLIADA da TERRA de MONTES
Viva Barro, viva Barro,
viva Barriño de Arén;
viva Barro, viva Barro,
viva Meilide tamén.
[...]
983
Viva Barro, viva Barro,
viva Barriño de Arén;
vivan as mozas de Barro
e as de Arén, tamén.
Viva Barriño que ten
as ventás cara o norte;
vivan os mozos valentes
que as pasean de noite.
984
Viva Cerdedo que ten
boas torres e campás;
viva o donaire e a graza
das mociñas cerdedás.
985
Viva Lourido, viva,
terra onde me eu criei;
tamén viva Biduído,
onde eu me namorei.
ZONA DE FOCAREI
104
Ao Gaiteiro de Soutelo
un raio de Deus o mate,
non quere tocar a gaita
sen tomar o "chiculate".
129
Arrieiros de Cerdedo,
van polo Paraño arriba;
neniñas de Vilapouca
téndelle a carne cocida.
137
A santa Pelonia en Quireza
a Rapa en Sabucedo,
as Dolores en Forcarei
e o Ecce Homo en Cerdedo.
165
Á Terra de Montes pechan
catro cumes o seu van:
o Seixo con Costoia e Coco
e o bo patrucio Candán.
200
cando pasei por Soutelo
os meus ollos eran fontes;
adeus montes de Soutelo,
adeus Soutelo de Montes.
223
Canteiriños de Cerdedo
van pola Rampla arriba;
neniñas de Soutelo,
téndelle a carne cocida.
256
Chove que pingan as tellas,
chove que pingan as tellas;
viva quen ten amores
no lugar de Presqueiras.
313
Deste lugar de Chamosa é
a xota que cantamos;
levouna Xosé Mariño,
cando foi casar a Barro.
412
Eu pasei por Vilariño,
por Vilariño pasei cantando;
as mozas de Vilariño
quedan no río, quedan lavando
436
Forcarei é boa terra,
A Estrada, bo terrón,
Cotobade ten boas leiras,
mais coma Cerdedo non.
442
Fun á feira de Soutelo
e compreiche uns pendentes;
seica me queres morder,
que me regañan os dentes.
486
Mariana de Soutelo
ha de ser a miña dama;
xa lle tomei a medida
e non me colle na cama.
542
Mociñas de Forcarei
acudídelle ao voso cura,
que caeu do campanario
entre as follas da verdura.
668
Ofrecéronme unha tunda
na aldea de Ventosela;
ofrecéronme unha tunda
e agora veño por ela.
669
O Gaiteiro de Sorribas
no roncón da gaita leva
unhas palabre que din:
Árdelle o eixo, carballeira!
670
O Gaiteiro de Soutelo
foi tocar a Redondela;
perdeu a gaita no camiño,
chóralle a muller por ela.
671
O Gaiteiro de Soutelo
no roncón da gaita leva
o berro da Terra, a nosa;
árdelle o eixo, carballeira!
672
O Gaiteiro de Soutelo
un raio de Deus o mate;
non quere tocar a gaita
sen tomar o "chiculate"
686
XOTA de VILARIÑO
O lugar de Vilariño
cérrase cunha cancela;
pésame dunha rapaza
que me queda dentro dela.
A xota de Vilariño
eu tamén a sei cantar;
vinde mozos para a ruada
que a xota imos bailar.
Se queres bailar a xota,
a xota de Vilariño,
has de aprender os puntos
e darlle xeito ao corpiño.
813
Santa Pelonia en Quireza,
san Xoán en Cerdedo,
as Dores en Forcarei
e a Rapa en Sabucedo.
823
Se á Terra de Montes vas,
tes que saudar primeiro:
o san Xoán, a Madanela
e a santiña de Aciveiro.
919
Toca gaiteiriño, toca,
meniñas correde a velo;
que é moita gaita a gaitiña
do Gaiteiro de Soutelo.
976
Virxenciña das Angustias,
trouxéronme os arrieiros;
e ti quexeches quedar
neste lugar de Soutelo.
982
FOLIADA da TERRA de MONTES
[...]
Monteira, miña monteira,
miña monteira garrida,
cantas veces me tes cuberto,
alá por Soutelo arriba.
Caroianos - Unha historia pola nosa historia rural
Xosé Fortes e Germán Fortes
Título: Caroianos - Unha historia pola nosa historia rural
Autor: Xosé Fortes e Germán Fortes
Coa colaboración de: César Portela, Marcial Gondar e Sergio PortelaEdita: Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Solo: Teresa Táboas Veleiro
Conselleiro de Medio Rural: Alfredo Suárez Canal
Diseño e Maquetación: Eloy Lozano Publicidad S.L.
Fotografías: Sergio Portela, Germán Fortes
Mapas e Gráficos: Manuel Fortes, Germán Fortes
Impresión: Gráficas Anduriña S.L.
Depósito Legal: PO 508-2008
ISBN: 978-84-453-4641-9
Neno Xesús de Caroi
onte el foi aparecer,
nese lugar de Medlo
onde non hai que comer.
A parroquia de Caroi
non hai ferro que a entre,
con tantas nenas bonitas
e tantos mozos valentes.
Caroi é moi boa terra
ten a capela no campo,
San Xosé, Neno Xesús
e a Virxe dos Milagres.
Indo de cara a Barbeira
herba seca nos valados,
vindo de cara a Caroi
caraveles encarnados.
Arriba Loureiro verde
abaixo manta mollada,
onde están os de Caroi
os outros non valen nada.
O cura de Vigo é xastre
o de Marín mariñeiro,
o de caldas paragüeiro
o de Caroi carpinteiro.
San Antonio de Caroi
casamenteiro de vellas,
por que non casas as mozas?
que mal che fixeron elas?
Polo Seixo nace o sol
pola Corredoira a lúa,
na parroquia de Caroi
unha estrela que me alumbra.
Cando vaias para Caroi
ten coidado no camiño,
mira que che está o demo
metido nun buratiño.
De Caroi á Corredoira
hai moi pouquiño que andar,
por eso os namorados
teñen pouco que falar.
Heime de casar en Caroi
que é terra de moito pan,
o forno da miña sogra
cría silvas polo verán.
CERDEDO
Materiais para o estudio da freguesía de San Xoán de Cerdedo
Inventario Xeral
Materiais para o estudio da freguesía de San Xoán de Cerdedo
Inventario Xeral
Carlos Solla Varela
Título: Cerdedo - Materiais para o estudio da freguesía de San Xoán de Cerdedo
Autor: Carlos Solla Varela
Ediciones Cardeñoso
Primeira edición: Abril del 2002
ISBN: 84-8190-246-2 Obra completa
ISBN: 84-8190-246-0 Volumen I
Dep. Leg. VG: 250.2002
II
TOPONIMIA
¡Aciveiro para cantar
para cantar Aciveiro
para rapaciñas bonitas
a parroquia de Cerdedo!248
248 Tódalas cantigas do presente capítulo foron recollidas na zona obexcto de estudio.
¡Carballás é boa terra
e Cerdedo bo terrón
Carballás é boa terra
mais coma Abelaíndo non!
¡De Caroi a Abelaíndo
hai unha leghua de monte
vivan os mozos solteiros
que o pasean pola noite!
¡Árdelle o eixo
árdelle o carro
árdelle o eixo
bótalle barro!
¡Árdelle o eixo
árdelle o carro
árdelle-lo eixo310
ás mozas de Barro!
¡Cando o reloxo de Cerdedo
se eo en Barro e Arén
prepara os carapuchos
morena, que vai chover!311
¡Pasei a Ponte Piñoa
paseina de madrughada
en Arén, os meus amores
aínda quedaban na cama!
¡Viva Barro viva Barro
viva Barriño de Arén
vivan as mozas de Barro
e as de Arén tamén!
¡De Lourido a Biduido
hai moi pouquiño que andar
por eso os namorados
páranse pouco a falar!
¡A subila e a baixa-la
costa de Carballás
a subila e a baixala
perdín o pano das mans334!
¡Carballás está no alto
Carballás está no costa
para subir a Carballás
moito traballo de custa335!
¡No medio de Carballás
hai unha pedra redonda
onde sentan os mozos
cando veñen336 de rolda!
¡Cando vaias para Caroi
ten coidado no camiño
mira que che está o demo
metido nun buratiño!
¡Indo polo río arriba
non hai varas que cortar
os mozos da Cavadosa
non saben parrandear!
¡As mociñas de Cavenca
non é unha que son todas
ghastan dous pares de medias
para face-las pernas ghordas!
¡Viva Cerdedo que ten
boas torres e campás
viva o xeito e a ghracia
das mociñas cerdedás!379
¡Hei de ir para Cernados
para Cernados hei de ir
anque me poñan cancelas
todas hei de partir!
¡Chamadoira é boa terra
é ruín por que a fan
se trigho lle sementaran
aínda daba o azafrán!
¡Vente comigho neniña
vente comigho se queres
alá pola media noite
chegharemos a Limeres!
¡De Lourido a Abelaíndo
vou facer unha ponte
con codelas de pan
para que pasee Arturo
con Preciosa pola man!
¡Carballeira de Meilide
carballeira derramada
naquela carballeiriña
perdín a miña navalla!
¡Pola costa de Meilide
as silveiras botan flores
por aquelas costiñas
pasean os meus amores!
¡De Cavenca a Revolta
unha carreira de can
de Revolta a Cavenca
xa as contas non me dan!
¡Pola costa de Meilide
as silveiras botan flores
por aquelas costiñas
pasean os meus amores!
¡Hei ir ó San Bernabé
ó San Bernabé de verán455
hei ir ó San Bernabé
tamén meus amores van!
¡Cerran a Terra de Montes
catro montañas sen par
O Seixo, Costoia e Coco
mailo alto do Candán!466
¡Di, vello castro: ¿é certo
que cando todos dormen
ao son do canto dos regueiros,
ouces o son do mar,
os rezos do teu veciño Seixo?467
¡Indo polo Seixo arriba
deille468 a volta ó meu capote
acordoume miña nai
e mailas papas do pote!
310Versión orixinal: árdelle o eixo.
311Versión orixinal: ¡Cuando el reló de Cerdedo/ se oye en Barro e Arén/ preparar los carapuchos/ morena, que va a llover!
334Versión orixinal: mas.
335Versión orixinal: costa.
336Ou da.
379Versión orixinal: Viva Cerdedo que tiene/ buenas torres y camanas/ viva el salero y la ghracia/ de las chicas cerdedanas.
455Versión orixinal: vrau
466Segundo a cantiga, catro deberan se-los cumes que sobranceasen no xa tradicional anagrama de Terra de Montes. 467Descripción: "Terra de Montes" so tres cotos. O cume de lonxe albisca o roibén. O autor do anagrama ben puido acha-la inspiración nos versos do poeta pontevedrés Amado Carballo (1901-1927): Encol da Terra de Montes/ funga o Sol como unha abella/ deixando vinchas de mel/ escoando polas leiras; do poema Canto de arada, pertencente ó poemario O Galo.
Sexta estrofa do poema Pico de Castrodiz da autoría do poeta cerdedense Xosé Otero Espasandín
468Versión orixinal: dinlle
El monasterio de Acibeiro - Antonio Rodríguez Fraiz
Título: El monasterio de Acibeiro
Autor: Antonio Rodríguez Fraiz
Ano de publicación: 1973
Debuxos de Castelao, Agustín Portela, Luis Darriba, S. Rosales Ardá e Rafael Iglesias Fernández.
Fotografías de Sinsán, Barreiro, Viéitez e o autor.
Depósito legal: PO. 134-73
I.S.B.N.: 84-400-6803-4
Talleres Tipográficos E. Paredes - Riestra, 7 - Pontevedra
XXIII
CANCIONEIRIÑO DO MOSTEIRO DE ACIBEIRO
CANCIONEIRIÑO DO MOSTEIRO DE ACIBEIRO
En nuestras visitas siempre cortas para llevar a cabo este trabajo recogimos de labios de las personas que hemos podido tratar, así como de nuestra madre que desde niña supo admirar las hermosuras de Acibeiro, unos cuantos cantares referentes a motivos diversos del Monasterio y sus habitantes, muy pocos ya que no hemos tenido tiempo para más.
I
Si a Terra de Montes vas
as de visitar primeiro:
As pontes de Pedre e Parada
i o convento de Acibeiro.
II
Si a Terra de Montes vas,
as de visitar primeiro:
os Dolores, o Rosario,
e a Santiña de Acibeiro.
III
A Terra de Montes cerran
catro picos o seu lar:
Seixo, Costoia e Coco,
e o alto de Candán.
IV
O Convento de Acibeiro
que tan alto o foron por,
dalle o sol e dalle o aire,
i a neve por arredore.
V
Conventiño de Acibeiro,
conventiño de moitos frades;
as mociñas d'Andón dín:
Convento nunca t'acabes.
VI
Anque che son d'Acibeiro,
d'Acibeiro e acibeireira,
anque che son d'Acibeiro,
pol-o d'hoxe non me pesa.
VII
No convento de Acibeiro,
hai un grade galiñeiro;
que todas as tardes berra
churras, churras o poleiro.
VIII
O Abade de Acibeiro
a todos coida moi ben.
Quer as nenas e as mozas,
e quer ás vellas tamén.
IX
Nosa Señora dos Remedios
está no alto do Candán;
pra mirar as boas mozas
como traballan na chan.
VII
No convento de Acibeiro,
hai un grade galiñeiro;
que todas as tardes berra
churras, churras o poleiro.
VIII
O Abade de Acibeiro
a todos coida moi ben.
Quer as nenas e as mozas,
e quer ás vellas tamén.
IX
Nosa Señora dos Remedios
está no alto do Candán;
pra mirar as boas mozas
como traballan na chan.
X
Nosa Virxe de Acibeiro
que estás no medio do monte,
da tua man non deixes,
a labregos e pastores.
XI
Nosa Señora da Acibeiro,
ten un vestido de seda;
que llo dou o señor Abade,
pra poñer na sua festa.
XII
Nosa Señora de Acibeiro
ten una vara na man;
para gardar a facenda
aló no alto do Candán.
XIII
A Terra de Montes tén,
tres Naiciñas no seu lar:
a Santiña d'Acibeiro,
o Rosario ia Soledá.
XIV
San Gonzalo de Acibeiro,
santo de moito valer;
fixo pontes e camiños
pra chegar a cabo dél.
XV
San Gonzalo de Acibeiro,
casamenteiro de nenas.
Casa as vellas. ¡Meu Santiño!
Cas novas cásanse elas.
XVII
San Gonzalo de Acibeiro,
casamenteiro de vellas.
Casa as nenas, meu Santiño.
¿Qué mal che fixeron elas?
XVIII
San Gonzalo de Acibeiro
casamenteiro das vellas.
¿Porqué non casas as novas?
¿Qué mal che fixeron elas?
XIX
Tres santiños ten o Lérez,
que hay que visitar primeiro;
Santiaguiño e San Benito,
e San Gonzalo de Acibeiro.
XX
A Santiña de Acibeiro
ten un caravel no manto.
Dame o teu caraveliño
pra poñelo no meu peito.
XXI
Nosa Señora de Acibeiro
ten un caravel no peito;
dame ese caraveliño
que veño do val desfeito.
XXII
Nosa Señora de Acibeiro
ten un caravel na mau;
dame ese caraveliño,
que chego canso do Candán.
Forcarei - Historia fotográfica do século XX
Coplas recollidas no libro Forcarei, historia fotográfica do século XX de Francisco Rozados "Rochi".
Título: Forcarei - Historia fotográfica do século XX
Excma. Deputación Provincial de Pontevedra
Presidente: Rafael Louzán Abal
Deputado da área de Cultura: José Juan Durán HermidaServizo de publicacións
Dirección: Miguel Pereira Figueroa
Director adxunto: César Manuel López Marras
Asesoramento: Xosé Enrique AcuñaPrimeira edición: 2004
Deseño da cuberta: Margarita Crespo López
Fotografías: Manuel Barreiro Ouro, Isabel Barreiro Rivas, Pelai Mas, Ovidio Piso Carracedo, Félix Tilve Poceiro, Virxilio Viéitez Bértolo, Francisco Rozados "Rochi", Faro de Vigo (edición Tabeirós-Terra de Montes).
Textos: Buenaventura Aparicio, Xosé Luis Barreiro, Manuel Cabada, Carme Hermida, Xosé Raposeiras, Manuel Reboredo, J. M. Rivas Troitiño, Francisco Rozados "Rochi".
Coordinación: Francisco Rozados "Rochi"
Impresión: Artes Gráficas Vicus, S.A.L.
ISBN: 84-88457-229-3
Depósito Legal: VG-552-2005
ZONA DE CERDEDO
En tempos pasados houbo certa rivalidade entre as parroquias de Ventoxo e Folgoso. Na tradición oral quedaron pegadas desta oposición
Segundo contan o vellos, o San Nicolás de Ventoxo foi roubado, fai moitos anos, polos aldeás de Folgoso, os cales o viñeron a buscar á igrexa de Ventoxo. Despois a xente de Ventoxo xuntouse e foille sacar o santo á Serra, e de aí nace unha das poucas cancións populares de Ventoxo, que dí así:
San Nicolás de Ventoxo
era branco, era roxo
e quixérono roubar
os pixis de Folgoso.
(Relatora: María Elena Cortizo Fraix, de S. Nicolás de Ventoxo. Recolleu: Manuel Calviño Casas de Ventoxo.)
ZONA DE FORCAREI
Cantigueiro de Aceiveiro
Conventiño de Acibeiro
Convento de moitos frades,
as mozas de Andón din:
concento nunca te acabes.
A Terra de Montes cérrana
catro picos ó seu lar:
Seixo, Costoia e Coco
e o alto do Candán.
Anque che son de Acibeiro,
de Acibeiro e acibeireira,
anque che son de Acibeiro,
polo de hoxe non me pesa.
O Abade de Acibeiro
a todas coida moi ben,
quere ás mozas e ás nenas
e quere ás vellas tamén.
San Gonzalo de Acibeiro,
casamenteiro das nenas,
casa ás vellas, meu Santiño,
que as novas cásanse elas
Se a Terra de Montes vas,
has visitar pimeiro:
Os Dolores, O Rosario
e a Santiña de Acibeiro.
O convento de Acibeiro
que tan alto o foron pór,
dalle o sol e dalle o aire
e a neve por arredor.
No convento de Acibeiro
hai un frade galiñeiro
que todas as tardes berra
churras, churras ó poleiro.
Nosa Señora de Acibeiro
ten un vestido de seda,
que llo dou o señor Abade
pra poñer na súa festa.
San Gonzalo de Acibeiro,
casamenteiro das vellas,
¿por que non casas ás novas?
¿que mal che fixeron elas?
Nosa Señora de Acibeiro
Ten un caravel na man,
dame ese caraveliño
que chego canso do Candán.
(Relatoria: Isaura Sanmartín, de Fixó, Millarada, Forcarei. Recolleu: Susana López Cachafeiro, de Fixó.)
O val de Quireza
Título: O val de Quireza - Un recanto da provincia de Pontevedra
Coordinador: Carlos Amable Baliñas Fernández
Dirección: Miguel Pereiraa Figueroa
Sección publicacións: Ana Vicente Rivas
Revisión lingüística: Irene Acuña Paz
Da edición: Editorial. Deputación de Pontevedra
Do texto: Os autores
Das imaxes: Carlos Amable Baliñas Fernández
Deseño cuberta: Comunicación Institucional. Deputación de Pontevedra
Impreso en: Gráficas Salnés, S.L.
ISBN: 978-84-8457-435-4
Depósito legal: PO 339-2015
Impresión: Publicep Libros Digitales, S.L.
Patrimonio inmaterial
A VELLA QUIREZA NA MEMORIA DE ELISEA DE FONDÓS
A troita
Seica no río que separa Fondós do Meixoeiro había unha troita que pesaba uns 4 ferrados (1 ferrado equivale a 18 kg). Foron moitos os que andaron detrás dela pero ningún conseguiu pescala. Finalmente fórona pillar na ría de Arousa.
E esta historia tiña trampa. A Troita era o alcume dunha muller que tiña a casa á beira do río e que casou en Vilagarcía. A graza estaba en contar a historia, pasar por esaxerado e finalmente defacer o malentendido.
Incluímos neste apartado tamén unha escolma das numerosas cantigas que, ao ritmo de pandeireta, se cantaban nas "rúas" e nas xuntanzas festivais coa finalidade de pasar o tempo e botar unhas risas. Son típicos os piques entre aldeas e as referencias a persoas concretas.
En Fondós son todas costureiras
de Bugarín carapucheiras
botádevos a traballar
fato de camanduleiras.
En Cuíña non hai mozas
en Mámoa Alba gana delas
en Vilarchán chamuscadas
en Fondós son coma velas.
Eu para Castro hei de ir
aínda que me poñan cancelas,
aínda que che son pequeniñas
paso por riba delas.
Este lugar de Fondós
ao lonxe parece vila,
se non fosen os outeiros
de onde a casa de Ponfilia.
El que quiera formar barco
en Castro hay la bandera
Soledad la capitana
e Idalia la coronela,
la que recorre todo el barco
es la señora Manuela / Lionela (variante)
Me voy a castro
sólo por ver la Merencia
porque es la hija del cura
una buena comenencia.
Home de Castro
can de Deán
muller de Filgueira
e vaca de Piñeiro,
arrenego dela
coma do demo.
Non te cases en Fondós
que é terra de moito frío
e aos tres meses de casada
irás por leña aínda que xíe.
As mociñas de Quireza
non é unha que son todas,
poñen tres pares de medias
para facer as pernas gordas.
Para Castro vou correndo
para Bugarín andando
para o lugar de Fondós
colle a roca e ben fiando.
Nadal
A festa do Nadal mudou moito dende que recorda a informante: non se estilaban os mariscos nin os agasallos. A cea típica de Noiteboa, que aínda se segue conservando na súa casa, era o bacallau e os agasallos que tiñan os nenos eran o que a xente lles daba canta ían cantando polas portas:
Del cielo venimos
bolsillos traemos
dinero pedimos
y si no hay dinero
vengan longaízas
que es lo que se usa
en toda Galicia.
Normalmente ían de casa en casa (excepto polas que tiveran defunto ese ano, pois coidaban que ao estarn de loito non terían gañas de música) en grupos de varios nenos, tocaban a pandeireta e cantaban panxoliñas. Ao final engadían a copla anterior. Igual acontecía no Entroido, a xente adoitaba ser máis xenerosa cos coñecidos e cos da aldea.
As rúas
As rúas organizábanse despois de rematar os traballos nos que se xuntaban as mulleres (sobre todo mozas) para facelos máis levadíos: mallar o centeo, esfollar o millo, espadelar o liño... Normalmente tiñasn lugar nunha corte ou alpendre amplo, no que se ían xuntando mulleres e homes en idade de mocear (tamén algúns vellos con ganas de troula e recente casados), que ao son do pandeiro e pandeireta buscaban a diversión no baile. Tocábanse e bailábanse peas tradicionais, como as xotas e muiñeiras, pero tamén tivo moito éxiso un baile de importación, o pasodobre, que ao ser agarrado daba a oportunidade aos mozos de achegarse ás mozas e facerlles as beiras.
Estas festas, que tanta popularidade acadaron na parroquia, suspendíanse na Coresma, xa que a abstinencia non afectaba soamente á comida, senón tamén á diversión:
Adeus Martes de Entroido
adeus meu queridiño,
adeus mes ruadeiro,
ata Domingo de Pascua
non toco máis o pandeiro.
Non é posible determinar a data na que comezaron as ruadas, porque ao nacer espontáneamente e sen maior transcendencia que a de pasar unha boa noite, despois dunha longa e dura xornada, non existen datos escritos, pero a cousa vén de ben vello, máis ca dos avós dos nosos avós. O que si se pode fixar é a súa desaparición cara ao ano 1936, por moir da Guerra Civil e posterior ditadura, aínda que é ben certo que cos cambios sociais, económicos e tecnolóxicos producirdos nas últimas décadas non terían moito máis futuro.
Asunción Álvarez Touriño
Coplas empregadas polo grupo "Os diplomáticos do acordeón"
ZONA DE FORCAREI
Forcarei meu Forcarei
Soutelo meu Souteliño,
i o lugar do Cachafeiro
nunca lle perdo o cariño.
Río da ponte Freixeira
vaite amodo vaite amodo,
río da ponte Freixeira
non leves tanta carreira.
Cando saín de Soutelo
os meus ollos eran fontes,
adiós montes de Soutelo
adiós Soutelo de Montes.
Fun ó viño a Rivadabia
en pasei pola Almuzara,
e no alto de Soutelo
bateum'a neve na cara.
Coplas empregadas por "Os gaiteiros de Soutelo"
ZONA DE CERDEDO
FOLIADA DE BARRO DE AREU
WK 1385
Gaiteros de Soutelo de Montes
Cantos por C. Cachafeiro
A 1487
Título correcto: Foliada de Barro de Arén
Viva Barro, viva Barro
viva Barriño de Arénhe
viva Barro, viva Barro
viva Meilide taménhe
ZONA DE FORCAREI
FOLIADA DE BARRO DE AREU
WK 1385
Gaiteros de Soutelo de Montes
Cantos por C. Cachafeiro
A 1487
Título correcto: Foliada de Barro de Arén
Miña monteira garrida
miña monteira garrida,
moito me tes encuberto
alá por Soutelo arriba.
FOLIADA DE TENORIO
WK 1378
Gaiteros de Soutelo de Montes
Canto por C. Cachafeiro
A 1492
O gaiteiro de Soutelo
mal raio de Dio'lo mate,
non quere tocar a gaita
sin que lle den chocolate.
Toca gaiteiriño toca
meniñas correi a velo,
que é moita gaita a gaitiña
do gaiteiro de Soutelo.
Outras coplas
ZONA DE CERDEDO
Dicen que los de Folgoso
tienen la honra perdida,
que tengan que no la tengan
folgosano de mi vida.
Viva Folgoso que tiene
las ventanas cara el norte,
vivan los chicos valientes
que las pasean de noche.
Recollidas por Ismael Ferrón na zona de Folgoso:
Folgosiño folgosés
Folgosiño folgosés
colores da miña cara
en Folgoso quedarés
O río vai monte a monte
o río vai monte a monte,
os mociños de Folgoso
hoxe non pasan a ponte.
Cantando cara Folgoso
prenda no meu corazón,
cantando cara Folgoso
cara outro lado non.
Dicen que Folgoso es feo
porque no tiene balcones,
pero tiene chicas guapas
que alegran los corazones.
Carretera de Folgoso
cuberte de coios blancos,
paseana os meus amores
domingos e días Santos.
Carretera de Folgoso
cuando yo la paseaba,
era de noche y llovía
pero yo no me mojaba.
Aturuxan no Mosqueiro
aturuxan no Mosqueiro,
son os mozos d'Acivedo
que ven á rúa ó Celeiro.
San Nicolao pouca vila
era blanco i era roxo,
onde o fomos encontrar
entre os pixís de Folgoso.
Vilapouca pouca vila
Vilapouca pouco ten,
no lugar de Vilapouca
non enriquece a ninguén.
Cando salín de Soutelo
os meus ollos eran fontes,
adiós montes de Soutelo
adiós Soutelo de Montes.
As mozas de Vileriño
eu direi quen elas son,
delgadiñas da cintura
alegres do corazón.
Pasei a ponte Parada
paseina nunha carreira,
onde os meus ollos paraban
agora van de carreira.