Antonio Troitiño Beiro
Antonio Troitiño Beiro naceu en Cerdedo o 27 de setembro de 1895, irmán de Vicente Troitiño Beiro e Cesáreo Troitiño Beiro. Antonio recibiu as primeiras nocións de música na academia de Francisco Cerdeira e máis adiante con Ramón J. Lavandeira en Cavenca (o seu nome aparece no listado desa escola no 1914). Tocou o cornetín e a caixa. No ano 1924 casou con Pilar Lorenzo Garrido e anos despois emigraría para Arxentina onde deixaría a música, morrendo en Bos Aires o 6 de abril de 1973.
Antonio Troitiño Beiro.
Antonio Troitiño Beiro na súa casa en Cerdedo.
Vicente e Antonio Troitiño Beiro.
Imaxes da trompeta conservada a día de hoxe:
Trompeta - Vista 1
Trompeta - Vista 2
Trompeta - Vista 3
Artigos relacionados
Artigos relacionados