Gustaríache colaborar neste proxecto?
Durante a Semana Santa, cando as campás deixaban de soar, outros instrumentos tomaban o seu lugar para anunciar os oficios relixiosos e marcar os momentos máis importantes da liturxia. Un deles era a carraca, un sinxelo instrumento de madeira, de son forte e inconfundible, moi presente na tradición popular galega.
Grazas a Sonia Barros, que nos abriu as portas da igrexa de Pedre, podemos contemplar as carracas que aínda se conservan neste lugar. Entre elas destacan tanto pezas históricas como máis recentes, testemuñas dunha tradición musical que segue viva.
A peza máis antiga conserva a súa esencia, aínda que a lengüeta está rota. Destaca por ter doble mango, probablemente pensado para ser suxeita con ambas as mans. A madeira presenta signos de polilla, pero tamén conserva inscripciones a lápiz nos laterais e na lengüeta, das que podemos ler:
Érico Fentanes Barros (tocaba a carraca, aínda que marchou para Brasil)
Carraca Jueb(v)es Santo
Carraca de E. D. P.
Carraca de M. C. P. (o nome aparece, pero o resto non se entende)
A. B. B.
Ademais destas, existen outras inscricións que xa non se len, borradas polo tempo e o uso. Estas marcas contan pequenas historias persoais e comunitarias, e son un valioso testemuño da vida musical en Pedre.
A finais dos anos 90, Gonzalo Barreiro Gandos mercou unha carraca en Pontevedra, e Sergio Barros Casas e Cándido Garrido Fentanes realizaron réplicas para uso práctico. Fixeron varias pezas, das que seis seguen en bo estado e tres sufriron rotura do mango, como parte dunha proba da resistencia da madeira.