Salvador Cerdeira Pérez

Salvador Cerdeira Pérez, o fillo do famoso gaiteiro Manuel Cerdeira Rodríguez, Cerdeira O Vello, e pai do gran músico Francisco Cerdeira Gil, naceu en Cerdedo o 5 de agosto de 1857 e foi bautizado como Salvador Pérez. Dous anos despois, Manuel Cerdeira recoñeceuno como seu fillo e pasou a levar o seu apelido. Salvador realizou o seu Servizo Militar en Madrid, onde tocou o fliscorno na Banda de Alabardeiros, na que tamén tocou o compositor Mariano San Miguel. Na banda, Salvador profundizou os seus coñecementos musicais e chegou a ser un virtuoso co instrumento. Salvador tamén aprendeu a tocar a gaita desde moi novo grazas ao seu pai e ao ambiente musical de Cerdedo, onde tamén tivo o seu primeiro contacto co fliscorno. 

Rodríguez Fraíz cometeu un erro ao escribir que Salvador foi un gaiteiro famoso na Terra de Montes, xa que nunca percorría as romarías tocando a gaita. O gaiteiro ao que se refería Fraíz era en realidade o seu pai, Manuel Cerdeira O Vello

Despois do seu Servizo Militar, Salvador casou con Encarnación Gil e xuntos rexentaron unha carnicería. O apelido de Encarnación xerou certa confusión, xa que ás veces se a mencionaba como Encarnación Fernández Gil e outras veces como Encarnación Gil. Os primeiros dous fillos do matrimonio foron bautizados como Cerdeira Fernández, pero os seguintes xa levaron o apelido Cerdeira Gil. Ademais de Francisco, o gran mestre director, Doroteo e José tamén foron músicos e tocaron na banda durante a época da dirección de Constantino Paz. Unha das fillas tamén tocaba a caixa e cantaba acompañando ao seu avó gaiteiro. 

Encarnación tiña algúns problemas coa bebida e gastaba moito diñeiro comprando unha caña branca de alta graduación no almacén cercano á súa casa. Con frecuencia, cando Salvador regresaba de tocar coa banda, algún dos músicos máis novos adiantábase para avisar da inminente chegada dos seus compañeiros. 

Finalmente, Salvador finou o 13 de xaneiro de 1934 en Cerdedo, á idade de 76 anos.

*Información obtida do libro As bandas de música de Cerdedo (Autor: Manuel Campos Toimil)

Canteiros e artistas da Terra de Montes e ribeiras do Lérez

ESTA INFORMACIÓN PODE TER ERROS

Salvador Cerdeira Pérez

Gaiteiro, nado en Cerdedo a meiados do século XIX, fillo de Manoel e Francisca.

Foi un dos millores gaiteiros de todos os tempos da Terra de Montes, somentes acadado polo fillo Francisco. Home bó, sempre ledizoso aledóu todas as festas, casamentos e ruadas coa súa música enxebre e donosa case que meio século; sendo moi querido en todas as freguesías de Montes, Cotobade, Campo-Lameiro…

Artigos relacionados