Julio Durán Sieiro
Julio Durán Sieiro, nado en Cerdedo o 3 de outubro de 1927, músico de referencia da zona de Cerdedo e da Terra de Montes, pola súa memoria e os seus coñecementos musicais e un dos pilares fundamentais para a elaboración do libro As bandas de música de Cerdedo do autor Manuel Campos Toimil. Fillo de solteira de Luzdivina Durán Sieiro (1903), unha das irmás maiores de Valentín (08.05.1914) e de José, Cheché” (22.03.1920).
Músico de solfa, emigrante retornado, viveu toda a súa vida da música. Comezou novo da man do seu avó José María Durán. O seu primeiro instrumento foi o clarinete aínda que posteriormente tamén tocaría o saxofón ou a gaita entre outros instrumentos.
O primeiro mestre que tivo sen ser familiar fora Francisco Cerdeira, onde se estreou coma músico na banda que dirixía con 12 anos. O clarinete fora mercado por 10 pesos ao música Arximiro González. Posteriormente montaría un pequeno grupo cos seus tíos Valentín e Cheché. Así o deixou recollido Campos no libro das bandas de música:
Pero Valentín tamén foi un bo gaiteiro. De feito, xunto co seu irmán Xosé e mailo seu sobriño Xulio impulsaron un grupo de gaitas‐charanga tradicional no que tamén participaron os músicos da Banda de Cerdedo Xosé María Sieiro co bombo, Arturo Sieiro co clarinete e David Paz coa caixa. Antonio Vidal foi outro bombeiro desta agrupación que nunca estivo relacionado coas bandas cerdedenses.
Ramón José Lavandeira prestáballe o punteiro para que Julio practicase, e así facía cando tiña que ir ao monte a levar as vacas. Nunha das entrevistas realizadas polo ano 2016, Julio comentounos o inicio desta pequena agrupación. As bandas de músicas eran mol populares naquela época e o que facía falta eran gaiteiros, é por iso que se xuntaron e mercaron as gaitas en Pontevedra, no taller de Poceiro. O grupo que tiveron era unha novidade: dúas gaitas, clarinete, saxofón... Aproveitaron para tocar cos instrumentos de banda e de vez en cando incorporaban as gaitas para que fora algo diferente, tamén dependía do ritmo e do tipo de pezas que interpretaban.
En Venezuela seguiu exercendo de músico ademáis de rematar os estudos de oboe e frauta no conservatorio de Caracas e formou parte da Banda Marcial de Caracas durante 15 anos ademáis de tocar nun cabaret acompañando co saxofón os shows. Ademáis pasos tempadas no Brasil (San Paulo, Río de Janeiro e Santos). Pero a súa aventura musical non remata aqui:
Foi así que tocou en varias ocasións no circo dos irmáns Aragón, e con eles ata fixo algunha actuación televisada. Mesmo se lembra de ver a un pequeno Emilio Aragón aprendendo a andar por entre os artistas.
Outras das orquestras nas que participou foron a Orquesta Villar y sus Tropicales (na década do 1960), a Orquesta Atlántico, a Orquesta Copacabana e a Orquesta Casablanca. E como xa fixeran en Cerdedo, Xulio e mailos seus tíos formaron unha agrupación de gaitas que actuaba en moitas das festas e romarías que organiza‐ ban os galegos que por aquelas terras de ultramar residían.
Unha vez regresado a Galicia tocou 15 anos coa Banda de Música de Vilatuxe e colaborou con moitas máis: Agolada, Monterroso, Merza, Ponteledesma, Muimenta, etc.
Nos últimos anos ven acompañando co órgano ao Coro Parroquial de Cerdedo
Na fotografía podemos observa a gaita da Julio Durán que aínda se conserva, doada polo mesmo músico a Rubén Troitiño. O fol que é de goma negra e foi un regalo dun dos irmáns Cachafeiro igual que o soprete. Afinación en Si bemol aproximadamente, do artesán Poceiro de Pontevedra.
A continuación podemos ver a Julio Durán co seu punteiro e unha das partituras que compartiu con Rubén Troitiño, transcrita por el do repertorio empregado co seu grupo de gaitas.
Nesta fotografía podemos ver a José Fírvida Cachafeiro, Maduro xunto a Julio Durán, José Barreiro ao tambor e José Durán, Cheché.
“Monso” Lavandeira e Julio Durán, integrantes da banda La Unión, posando cos instrumentos cambiados en Doade (Beariz)
Julio Durán Sieiro e Nicolás García Fortes.
Eduardo Troitiño Varela, Jaime Barros Gondariz, Julio Durán Sieiro, Ramón Ricoy Mosquera e Nicolás García Fortes.