José Fírvida Cachafeiro
Maduro

José Fírvida Cachafeiro fillo de Isabel Cachafeiro e de José Fírvida, naceu en Soutelo de Montes o 24 de abril de 1926. Coñecido coma Maduro, estaba predestinada a adicarse á música, pois naceu no seo da familia Cachafeiro. O seu parentesco co gaiteiro e as súas raíces soutelás sempre foron un gran orgullo para el.

Os seus primeiros pasos na música na súa primeira infancia viñeron da man dos seus tíos, chegando a acompañalos tocando o bombo ou o redoblante. Aprendeu tamén acordeón e solfexo na casa de Poceiro no anos 40, en Pontevedra e, na súa mocidade, montou con José Gulías Picón, Caladiño, o seu primeiro grupo. Os dous eran integrantes da orquestra Changüí.

Aos 19 anos coñeceu á que sería a súa muller, Enriqueta, de Cachafeiro. Casaron catro ano máis arde e emigraron a Venezuela. Alí, Maduro e o seu tío Castor mantiveron viva a música galega, xa que eran convidados a participar nas festas e actividades culturais que se festexaban, xunto co seu cuñado José Barreiro e, nalgunhas ocasións, dous veciños cerdedenses. Chegaron a participar en importantes eventos como a inauguración do Estadio Olímpico de Caracas no ano 1954.

Os veciños e veciñas recordan a Maduro como unha persoa de grandes inquietudes, con ganas de facer moitas cousas, non só no ámbito musical. Así, compaxinou a súa faceta musical coa empresarial. Comezou traballando como repartir de cervexa en 1951 pero enseguida se converteu no supervisor de ventas nunha empresa de aceite e manteiga.

No seu regreso a Galicia nos anos 60, Maduro asentouse coa súa muller na cidade de Pontevedra, adicándose ao transporte de mercancías. Foi tamén un dos primeiros taxistas da cidade.

Maduro co seu camión polos anos 70

Pero a súa paixón pola música, a súa personalidade emprendedora e o orgullo que sentía de ser sobriño do Gaiteiro, do que adquiriu tamén coñecementos sobre ebanistería, fixeron que montara un pequeno obradoiro de gaitas en Soutelo de Montes cando lle chegou a xubilación.

Un dos días máis importantes da vida para Maduro foi a inauguración do monumento aos Gaiteiros de Soutelo no ano 1.980, tal era a admiración e o orgullo que sentía por eles e a súa música. Alí, xunto coa súa irmá Carolina e a súa nai Isabel, viviron como os emigrantes de Venezuela homenaxeaban aos Gaiteiros.

Maduro que era unha persoa moi positiva e que contaxiaba a súa alegría ala por onde ía. Así o recordan na última etapa da súa vida, cando acompaña aos Diplomáticos do Acordeón, cos que fixo actuacións por Galicia, gravaron un disco e apareceron na Televisión de Galicia.

No ano 2009, outorgáronlle a Maduro a medalla do Gaiteiro de Soutelo, pola súa posta en valor do legado do seu tío. Así completou a etapa que comezara na súa nenez da man do seu tío, e que chegara ao seu fin sendo o herdeiro oficial do legado musical e cultural de Avelino Cachafeiro. 

Faleceu apenas un ano máis tarde, o 18 de febreiro do 2010.

Fotografías

Nesta forografía podemos ver a Avelino Cachafeiro con sombreiro e cigarro e José Fírvida Cachafeiro, "Maduro", co acordeón.

José Fírvida "Maduro" co acordeón xunto a José Gulías Picón "Caladiño" á batería.

José Fírvida "Maduro"  e José Gulías Picón "Caladiño", os dous co acordeón.

Maduro xunto a Avelino Cachafeiro e o seu surtirdor de gasolina en Soutelo de Montes.

Trío formado por Barreiro, Armada e Maduro en Venezuela nos anos 50.

Voda de Maduro en 1951 xunto con algúns dos convidados.

Voda de Maduro en 1951 xunto co seu padriño, Avelino Cachafeiro (o gaiteiro de Soutelo).

Tocando en Venezuela. Francisco Viéitez coñecido coma Barrecho, integrante dos Gaiteiros de Soutelo cando finara Bautista e a José Barreiro ao bombo.

Maduro xunto a Julio Durán, músico de Cerdedo, José Barreiro ao tambor e José Durán Cheché, tamén de Cerdedo.

Tamén podemos atopar outra fotografía deles en Venezuela na prensa da época, concretamente en El Pueblo gallego do 3 de xuño de 1953.

No bar de Avelino Cachafeiro. De dereita á esquerda: Enriqueta, Maduro e Carolina Fírvida, súa irmá.

No bar Changüí en Soutelo de Montes propiedade de Avelino Cachafeiro, coa gaita nesta fotografía. Tamén podemos ver a Bautista Alberte Fírvida á caixa e a Maduro e Avelino Alberte Fírvida aos acordeóns da dereita.

Xuncada: Bautista Alberte (batería), Maduro (gaita), Francisco Alberte (baixo) e Avelino Alberte (teclados).

Fotografías sacadas por Rubén Troitiño no seu taller de gaitas en Soutelo de Montes (2006).

Fotografías sacadas por Rubén Troitiño no seu taller de gaitas en Soutelo de Montes co punteiro que lle regalou no ano 2006.

Fotografía na "XXX Festa do gaiteiro de Soutelo" celebrada o 22 de agosto de 2009, nela podemos ver a José Fírvida e ao exalcalde de Forcarei David Raposeiras.

De esquerda a dereita: Francisco Félix Cachafeiro Fernández (Paco de Cachafeiro), Gumersindo Ramón Pichel Barreiro (Moncho), Avelino Alberte Fírvida, José Fírvida Cachafeiro (Maduro), Juan Bautista Alberte Fírvida (Tista), Concepción Pérez Ruiz e Joaquin Jose Santiago Barreiro Varela.

Vídeos

Entrevista realizada pola Televisión de Galicia no ano 2009 na Festa do Gaiteiro de Soutelo (Soutelo de Montes – Forcarei) onde podemos escoitar de primeira man as súas vivencias con Avelino Cachafeiro Bugallo, o gaiteiro de Soutelo.

Os diplomáticos do acordeón

Popurrí Galego (programa Luar da Televisión de Galicia)

Os diplomáticos do acordeón

Fun ó viño a Ribadavia (programa Luar da Televisión de Galicia)

Os diplomáticos do acordeón

Pezas galegas (programa Luar da Televisión de Galicia)

La década prodigiosa e os diplomáticos do acordeón
(programa Luar da Televisión de Galicia)

Os diplomáticos do acordeón
Foliada de Cachafeiro (programa Luar da Televisión de Galicia)

Discografía

Cara A

1) Cambeses

2) Jota de Moncho

3) Muiñeira de Ourense

4) Foliada de Cachafeiro

5) Esta noite e mais a outra

6) A ría de Vigo

Cara B

1) Muiñeira de Forcarei

2) Pra onde vas María

3) O viño Alvariño

4) Fandango de Pontevedra

5) Fun o viño a Ribadavia

6) Perfumes de España

Información da gravación:

Outras gravacións

Información do disco:

Bibliografía

Artigos relacionados