Vicente Troitiño Beiro
Vicente Troitiño Beiro naceu en Cerdedo o 16 de abril de 1906, irmán de Cesáreo Troitiño Beiro e Antonio Troitiño Beiro. Asistiu á academia de Francisco Cerdeira onde aprendería a tocar o redobrante, aínda que fixo moi poucas festas coa banda de música. Casou con Carmen Mariño Caramés, unha veciña de Cernados. Vicente foi preso polo franquismo e pasou unha tempada na cárcere de Burgos. Como preso traballou nas minas en Silleda. Faleceu en Cerdedo no ano 1951 aproximadamente.
Vicente e Antonio Troitiño Beiro.
Artigos relacionados
Artigos relacionados