Gustaríache colaborar neste proxecto?
A Festa do Gaiteiro en Soutelo de Montes, no concello de Forcarei, ten a súa orixe nas iniciativas de recuperación e posta en valor da música tradicional desenvolvidas a finais da década de 1970, con primeiras accións en 1979, según aparece en varios escritos. A súa primeira edición formalmente organizada baixo a denominación de I Festa do Gaiteiro celebrouse o 25 de outubro de 1980, data na que tamén se recolle a inauguración da Praza dos Gaiteiros, espazo que co tempo se convertería no principal punto de encontro musical da celebración. Esta primeira edición supón o inicio dunha tradición festiva que co paso dos anos se consolidaría como unha das celebracións máis representativas da música tradicional galega e un dos principais encontros arredor da gaita en Galicia. Está dedicada á memoria de Avelino Cachafeiro, figura fundamental do folclore galego, proclamado en 1924 como o mellor gaiteiro de Galicia e membro do emblemático cuarteto de gaitas Os Gaiteiros de Soutelo.
Declarada Festa de Interese Turístico Galego no ano 2010, reúne cada ano centos de músicos e milleiros de visitantes chegados de toda Galicia, doutras comunidades e tamén doutros lugares do mundo, consolidando Soutelo de Montes como un referente da música tradicional galega.
Ao longo da xornada, Soutelo de Montes acolle actuacións de música tradicional nun ambiente de convivencia e posta en valor do patrimonio cultural inmaterial galego, sendo a praza dos Gaiteiros o principal punto de encontro musical da celebración.
O programa comeza co pregón e a ofrenda floral en homenaxe a Avelino Cachafeiro. Entre os pregoeiros e pregoeiras da festa figuran:
▪️1984 – Xosé Manuel Rivas Troitiño
▪️1986 – Adolfo Cabada Castro
▪️1999 – Xosé Ramón Gayoso
▪️2000 – Xosé Cuiña Crespo
▪️2001 – Mela Casal e Gloria Ferreiro
▪️2002 – José Manuel Rodríguez “Isi” e Sonia López
▪️2003 – Xesús Carlos Palmou Lorenzo
▪️2004 – María Neves Rodríguez Román
▪️2005 – Mariano Rajoy Brey
▪️2006 – José María Barreiro Gómez
▪️2007 – Xosé Seivane Rivas
▪️2008 – Henrique Otero Covelo
▪️2009 – Avelino Senra Varela
▪️2010 – Xosé Luís Barreiro Rivas
▪️2011 – Carlos González Reigosa
▪️2017 – José Raposeiras Correa
▪️2018 – Xurxo Manuel Souto Eiroa
▪️2019 – Carme Hermida Gulías
▪️2021 – Rubén Troitiño García
▪️2022 – Anxo Angueira Viturro
▪️2023 – Andrea Porto Mato
▪️2024 – Rosario Álvarez Blanco
▪️2025 – Xaime Estévez Vila
Ao longo da súa historia, a festa contou tamén coa Medalla do Gaiteiro de Soutelo, un recoñecemento outorgado a persoas físicas ou xurídicas, institucións e entidades públicas ou privadas que contribuíron á difusión, promoción e potenciación da música tradicional galega e, concretamente, ao mundo da gaita. Na actualidade, esta distinción deixou de concederse. Esta medalla outorgouse entre os anos 2006 e 2011, sendo este último o derradeiro ano no que se entregou. Entre as persoas e entidades galardoadas figuran
▪️Ano 2002:
▫️Familia Fernández Gancedo de Romeor
▪️Ano 2003:
▫️Wenceslao Cabezas del Toro, Polo
▪️Ano 2004:
▫️Manuel Fraga Iribarne
▫️Francisco Campos Freire
▫️Antón Corral Martínez
▫️Xosé Manuel Seivane Rivas
▪️Ano 2005:
▫️Deputación de Pontevedra
▫️Milladoiro
▫️Carlos Núñez
▫️Emilio Corral Vázquez
▫️Manuel García, Lolete (póstumo)
▪️Ano 2006:
▫️Víctor Castor Cachafeiro Bugallo (póstumo)
▫️Real Coro Toxos e Flores de Ferrol
▫️Jesús Campos Fernández, o gaiteiro de Chamosa
▫️Dionisio Aboal Bermúdez
▫️Hermandad Gallega de Venezuela
▪️Ano 2007:
▫️Editorial Ouvirmos
▫️Edicións do Cumio
▫️Grupo de Gaitas Cachafeiro da Casa de Galicia de Maracaibo
▫️Coral de Ruada
▪️Ano 2008:
▫️Gumersindo Ramón Pichel Barreiro
▫️Jesús García Pérez
▫️Henrique Otero Covelo
▫️Muxicas
▫️Fundación Pedro Barrié de la Maza
▫️Lar gallego de Pamplona
▪️Ano 2009:
▫️Avelino Senra Varela
▫️Alejandro Gómez Alonso
▫️José María Gulías Picón, Caladiño
▫️Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG)
▪️Ano 2010:
▫️Ramiro Cortizo Taboada, o capador de Muras
▫️Xosé Luís Barreiro Rivas
▫️Grupo Gadis
▫️Banda de Gaitas Xuntanza Galega de Alcobendas-Madrid
▪️Ano 2011:
▫️Pilar García Rego
▫️Centro Galego de Santander
▫️Manuela Cortizo Medal, Manuela de Barro
▫️Juan Bautista Alberte Fírvida
▫️Carlos González Reigosa
Ao longo da súa historia, a Festa do Gaiteiro atravesou distintas etapas organizativas, adaptándose aos cambios sociais e culturais de cada momento. A celebración foi incorporando novos formatos, actividades e espazos de participación grazas ao labor de persoas, asociacións culturais, agrupacións musicais e entidades vencelladas á tradición galega e á veciñanza de Soutelo de Montes. Entre elas destacou a Asociación Cultural Can de San Roque de Soutelo, que asumiu a organización da festa durante varios anos, contribuíndo á súa continuidade e dinamización. A organización da celebración foi asumida en diferentes períodos tanto polo Concello de Forcarei como por colectivos culturais locais. Nese contexto, tamén cómpre sinalar a implicación de figuras ligadas á vida musical e cultural da contorna, como Avelino Alberte, vinculado á promoción e continuidade da tradición musical local. Na actualidade, a organización da festa corresponde ao Concello de Forcarei, que coordina e xestiona a súa celebración anual, mantendo vivo este evento e garantindo a continuidade dunha das citas máis representativas da música tradicional galega. Mantense sempre o mesmo fío condutor: a homenaxe a Avelino Cachafeiro, á música tradicional e á gaita como símbolo do patrimonio cultural de Galicia.
No proceso de evolución da festa tamén se celebraron diferentes certames musicais integrados na súa programación. Entre eles destacou o Concurso de Gaita e Tambor “Avelino Cachafeiro”, desenvolvido entre 1999 e 2011 como certame de intérpretes solistas. Tamén se incluíu o Trofeo de Bandas de Gaitas “Avelino Cachafeiro”, que se celebrou entre os anos 2000 e 2006 dentro da Festa do Gaiteiro. Co paso do tempo, estes concursos deixaron de organizarse, integrándose na evolución natural e nos cambios propios da festa ao longo dos anos.
A xornada estrutúrase arredor de diferentes momentos de encontro e convivencia. En primeiro lugar, desenvólvese o xantar popular na carballeira do Parque Venezuela, situada fronte á praza dos Gaiteiros, seguido das actuacións musicais posteriores ao xantar. A continuación ten lugar a ruada popular, nun ambiente de participación aberta no que músicos e público comparten espazos e interpretacións.
Como peche da festa, celébrase un programa de concertos de música en directo, polos que ao longo dos anos pasaron formacións de referencia da música galega como Budiño, Os Diplomáticos de Monte Alto, Ardentía, Berrogüetto, Milladoiro, Xarín, Mutenrohi, Muxicas, Abóbriga, Crema de gaita, Fía Na Roca ou Luar na Lubre, entre outros, así coma o grupo local Os Diplomáticos do Acordeón, consolidando esta cita como un referente da música tradicional e contemporánea en Galicia.
A Festa do Gaiteiro reafírmase así como un evento fundamental para a posta en valor da cultura galega e da identidade da comarca de Terra de Montes.
A información aquí recollida pode conter erros ou omisións, xa que se atopa actualmente en proceso de revisión e actualización continua, co obxectivo de mellorar a súa precisión e completar posibles datos pendentes. Agradecese especialmente a información aportada polo Concello de Forcarei, pola Asociación Socio-Cultural O Can de San Roque, e polo arquivo de José Luis Troitiño, cuxa colaboración foi fundamental para a elaboración e contraste destes contidos.
LA VOZ DE GALICIA - Xoves 2 de outubro de 1980
El gaiteiro de Soutelo será homenajeado el día 25, en Montes.
El próximo día 25 de octubre, en la localidad pontevedresa de Soutelo de Montes, tendrá lugar la «I Festa do Gaiteiro», que será instituida con ocasión del homenaje al gaitiero de Soutelo, Avelino Cachafeiro, legendario gaiteiro que en el año 24 fue nombrado «mejor gaiteiro de Galicia» y creador del grupo «Gaiteiros de Soutelo».
Los actos de homenaje consistirán en la inauguración de la Plaza dos Gaiteiros, en Soutelo, con el monumento a Avelino Cachafeiro, obra del escultor Piñeiro, y que ha sido costeado por por 20 vecinos de Soutelo residentes en Venezuela. Posteriormente habrá una comida de hermandad a la que asistirán cientos de emigrantes gallegos en Venezuela y Méjico que han fletado sendos vuelos «charter» para la ocasión señalada.
LA VOZ DE GALICIA - domingo 26 de outubro de 1980
Emotiva inauguración de un monumento al gaitero, en Soutelo de Montes (Pontevedra)
Fue costeado por emigrantes del ayuntamiento de Forcarei, residentes en Venezuela, en recuerdo de Avelino Cachafeiro.
SOUTELO (Pontevedra),.- (De nuestro enviado especial, Rafael L. Torre).- Soutelo de Montes, un conocido pueblo del municipio de Forcarei, dentro de la provincia de Pontevedra, aunque muy cercano a sus límites con la provincia de Orense, fue ayer una fiesta entonada por la experta gaita de los prestigiosos gaiteiros de la Tierra de Montes.
Allí queda desde ahora su monumento trabajado por el escultor Xoan Piñeiro en granito, cemento y bronce, que recoge a cuatro niños gaiteiros -en representación de los cuatro hermanos Fermín, Bautista, Avelino y Castor Cachafeiro- junto con un relieve en su parte inferior del recordado Avelino «el gaiteiro de Soutelo»- por excelencia, proclamado «el mejor gaiteiro de Galicia» en el año 19224, como rememoró con emoción ostentada el profesor Filgueira Valverde, testigo directo de aquella memorable jornada.
El monumento al gaiteiro que se inauguró ayer en Soutelo fue costeado por un total de cincuenta y dos personas nacidas en el municipio de Forcarei, que actualmente viven en Venezuela.
NUMEROSOS ASISTENTES
Asistieron a los diversos actos el presidente de la Xunta, José Quiroga Suárez, que estuvo acompañado por le gobernador civil de Pontevedra, Borrell Mestre; el presidente de la Diputación, Cifuentes Pérez, junto con varios diputados provinciales; el delegado de cultura, González Martín; el conselleiro de Administración, Sanmartín Losada; el senador García García; el profesor Filgueira Valverde, y el propio Xoan Piñeiro.
Además, también estuvieron el presidente de la Irmandade Galega de Caracas, José Varela Gil, en representación de sus quince mil asociados; la cónsul de Venezuela en Vigo, Camen Quintero; el cónsul de Venezuela en Vigo, Carmen Quintero; el cónsul de Argentina, como decano del honorable cuerpo acreditado, así como un centenar largo de invitados especiales.
Desde media mañana, cientos de vecinos procedentes de todos los municipios que integran la Tierra de Montes-«terra de canteiros, de gaiteiros y de cregos», Como se apuntó durante el festejo-fueron llegando a Soutelo y se concentraron en la «Plaza dos Gaiteiros».
PARQUE VENEZUELA
Alrededor de las 11:30 de la mañana, con frío seco, comenzaron los actos programados, con la inauguración oficial del «Parque de Venezuela», en el mismo centro del pueblo, junto a la carretera nacional 541, de Pontevedra a Orense.
El alcalde de Forcarei y anfitrión obligado de la jornada, Manuel Brea Porto, abrió los actos con una breve intervención de todos los emigrantes de su comarca a Venezuela, «donde fueron también acogidos».
A continuación, la cónsul de Venezuela en Vigo, Carmen Quintero, descubrió la placa conmemorativa, y en otra breve intervención agradeció tal distinción en nombre de su país, así como la hospitalidad del vecindario de Soutelo.
PLAZA DOS GAITEIROS
El gobernador civil, Borrell Mestre, inauguró la «Plaza dos Gaiteiros», donde se había celebrado la misa. El presidente de la Xunta, Quiroga Suárez, inauguró el monumento al gaiteiro, que se levanta en el centro de la plaza mencionada.
Tras la citada inauguración, el presidente de la hermandad gallega de Caracas, Varela Gil, inició el turno de intervenciones, explicando el nacimiento de la idea del monumento a partir de una visita realizada por el alcalde de Forcarei, Brea Porto, a Venezuela, durante el pasado año. «Así se acordó -dijo- la donación del monumento por los nativos de esta tierra que ahora viven allá, en otra tierra igualmente querida».
Durante su alocución, el presidente Varela Gil pidió también «una era de prosperidad para la comarca de Montes, con el fin de que nadie tenga que emigrar más, pro el bien de Galicia y de España».
EMOCIONADO RECUERDO DE FILGUEIRA VALVERDE
Seguidamente, intervino el profesor Filgueira Valverde, quien ofreció un emocionado recuerdo del gaiteiro Avelino Cachafeiro.
El profesor Filgueira rememoró aquel día del año 1924, cuando Avelino Cachafeiro fue elegido el mejor gaiteiro de Galicia, y recordó la emoción sentida por Castelao durante la memorable jornada.
«Entonces -señaló-, los gallegos buscábamos nuestros símbolos para resaltar nuestra identidad y, sin duda, la gaita es uno de los grandes símbolos o blasones de Galicia».
«Cuando un gallego escucha una gaita en cualquier lugar del mundo, piensa inmediatamente que allí está también Galicia».
Filgueira Valverde recordó igualmente su encuentro en Venezuela con Castor Cachafeiro, el único de los cuatro hermanos que vive todavía, «cargado de medallas y dirigiendo a su grupo de gaitas», lamentando su ausencia en un acto tan entrañable, «donde se está exaltando nada menos que a cuatro generaciones de gaiteiros gallegos».
Por último, el profesor Filgueira recalcó con emoción y firmeza que «ante esa gran crisis de identidad que afecta hoy a muchos pueblos y que también podría surgir en Galicia, con la llegada de la industrialización y de tantas y tantas novedades, tenemos que defender con firmeza las grandes tradiciones gallegas: «A fala, a música, as devocións, as festas e tantas cousas nosas».
EL AHIJADO DE AVELINO CACHAFEIRO
También intervino el cronista oficial del Ayuntamiento de Focarei, Rodríguez Fraiz, que hizo un documentado recuerdo de numeroso personajes históricos de la Tierra de Montes.
Y a continuación habló Avelino Senra, ahijado de Avelino Cachafeiro y depositario de sus múltiples confidencias, que agradeció el homenaje de admiración y reconocimiento a su padrino «que ya es patrimonio cultural de la Tierra de Montes».
Apuntó que el monumento serviría para inmortalizar al gaiteiro de Soutelo, y en un paréntesis muy aplaudido por sus vecinos, Avelino Senra dijo que aquella era una tierra con un gran número de universitarios y que, sin embargo en la actualidad no contaba con un Instituto de Bachillerato, y que tenía menos escuelas que antes, solicitando a las autoridades presentes que se acordaran de la Tierra de Montes.
Después intervino el poeta Maximino Castiñeiras, que dedicó una de sus obras a Otero Pedrayo y a Castelao. También leyó otro poema escrito la noche anterior el sacerdote Cubela García.
DIVERSAS ACTUACIONES
Por último, hablaron el gobernador civil y el presidente de la Xunta. Borrel Mestre mostró su orgullo y satisfacción por estar presente en el homenaje al gaiteiro, «como uno de los símbolos que mejor resume el alma de Galicia». Además, significó que el acto rendía de alguna manera el culto a la hermandad entre Galicia y Venezuela, y pidió que el gaiteiro contribuyese a fortalecer todavía más esa hermandad. Quiroga Suárez rindió tributo de administración a la emigración forzosa, destacando que pocas veces como en este acto se unen distintas vertientes gallegas de tanta hondura y contenido.
Finalizadas las intervenciones, la gaita volvería a ocupar un lugar privilegiado y sobresaliente en los festejos. En la «Plaza dos Gaiteiros» y ante el referido monumento, comenzaron las actuaciones de diversos grupos folklóricos, desde el Ballet de Maruja Méndez, de Vigo, hasta la Escuela de Gaitas de Santa marta de ortigueira, pasando por el grupo «Os Alegres» de Pontevedra.
Alrededor de las dos y media de la tarde, empezó un entrañable almuerzo de confraternidad, al que asistieron varios centenares de personas, y que se prolongó hasta media tarde.
El Orfeón Orensano actuó en la iglesia parroquial a partir de las seis de la tarde; el grupo «Milladoiro» ofreció un concierto a las ocho en la Plaza dos Gaiteiros. Y a primeras horas de la noche dio comienzo la tradicional verbena.
11:00h - Pasarrúas da Banda de Gaitas de Forcarei
12:00h - Acto na honra de Avelino Cachafeiro con intervención da alcaldesa, Belén Cachafeiro, e lectura do pregón a cargo de Xaime Estévez
12:20h - Ofrenda floral no monumento do Gaiteiro e peche co himnno galego a cargo da Banda de Gaitas de Forcarei
12:30h - Concerto dos Terribles de Donas
14:00h - Xantar popular
16:00h - Actuación de Lus de Keikoa
17:15h - Actuación dos Abrentes de Cerdedo
18:30h - Ruada Aberta
22:00h - Concerto de Ardentía
23:30 - Concerto de Francisco Castro e A Banda dos Borges
Organiza: Concello de Forcarei
Colaboran: Xunta de Galicia | +Música | Abanca
100 Aniversario da proclamación de Avelino Cachafeiro coma mellor gaiteiro de Galicia
12:00h - Pasarrúas da Banda de Gaitas de Forcarei
12:30h - Chegada de autoridades (Praza dos Gaiteiros)
13:00h - Acto de honra a Avelino Cachafeiro
Benvida da alcaldesa Verónica Pichel
lectura de pregón de Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega
Interpretación do himno galego pola Banda de Gaitas de Forcarei
Peche de acto coa Muiñeira de Chanta
14:00h - Xantar popular (carballera parque Venezuela)
17:00h - Actuación do grupo de música tradicional Mediarea
19:00h - Masterclass da Muiñeira de Chantada con Xandre Outeiro
22.00h - Concerto do grupo Cantigaéverso na Praza dos Gaiteiros
Organiza: Concello de Forcarei
Colaboran: Xunta de Galicia | Abanca
11:30h - Pasarrúas a cargo dos Abrentes de Cerdedo
13:00h - Acto institucional. Pregón da poeta e artista Andrea Porto e ofrenda floral
13:45h - Sesión vermú con Os d’aquí
14:00h - Xantar na carballeira
17:00h - Actuación musical de Lajhareu
20:30h - Espectáculo Xoldra na eira. Coa Banda de Gaitas de Forcarei e a Banda musical de Silleda.
Organiza: Concello de Forcarei
Colaboran: Xunta de Galicia | Abanca | Rede de Dinamización Lingüística
11:00h - Pasarrúas por Soutelo de Montes
12:00h - Actuación da Banda de Gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei de Tui
12:30h - Pregón de Anxo Angueira, presidente da Casa Museo Rosalía de Castro. Praza dos Gaiteiros
13:00h - Honra floral e Himno Galego pola Banda de Gaitas de Forcarei. Praza dos gaiteiros
13:10h - Actuación da Banda de Gaitas de Forcarei
14:00h - Xantar e Ruada na carballeira do Parque Venezuela
16:00h - Concerto dos Abrentes. Parque de Venezuela
17:00h - Picadiscos Marifaltri (Actuación do Programa FalaRedes, Secretaría Xeral de Política Lingüística)
20:30h - Concerto de Abóbriga. Praza dos Gaiteiros
Organiza: Concello de Forcarei
Colaboran: Secretaría Xeral de Política Lingüística
12:00h - Pasarrúas da Bandas de Gaitas de Forcarei
13:00h - Ofrenda, pregón de Rubén Troitiño e concerto da Banda de Gaitas. Praza dos Gaiteiros
18:00h - Charla-Coloquio "Redescubrindo aos gaiteiros de Soutelo". Parque Venezuela
19:30h - Concerto "A Quenlla". Praza dos Gaiteiros
22:30h - "Fanfarria Taquikardia". Praza dos Gaiteiros
Organiza: Concello de Forcarei
Conmemoración de 50 anos de Voando cas aas da vida
11:30h - Pasarrúas
12:30h - Actuación musical na Praza dos Gaiteiros de Celme
13:00h - Pregón e homenaxe con Carme Hermida, Rubén Troitiño e a Banda de Gaitas de Forcarei
14:00h - Xantar Popular
17:00h - Actuacións musicais:
Oraladou
Os Abrentes de Cerdedo
18:00h - Serán aberto
20:00h - Homenaxe a Avelino Alberte. Actuación de:
Acordeonistas de Celanova
Os Diplomáticos do Acordeón
Organiza: Asociación Socio-Cultural O Can de San Roque
Colabora: Concello de Forcarei | Deputación de Pontevedra | Xunta de Galicia (Programa de Dinamización Lingüística)
11:30h - Pasarrúas con:
Foula
Os Terribles de Camposancos
Banda de Gaitas de Forcarei
12:30h - Pregón e ofrenda floral na Praza dos Gaiteiros con:
Xurxo Souto
Oscar Ibáñez
Banda de gaitas de Forcarei
16:30h - Ruada con:
Pandeireteiras de Quireza
A Flor do Toxo
As Rebuldeiras de Soutelo
Os Abrentes de Cerdedo
Os Terribles de Camposancos
20:30h - Actuación na Praza dos Gaiteiros coa Carballeira de Cercio
Organiza: Asociación Socio-Cultural O Can de San Roque
Colabora: Concello de Forcarei | Deputación de Pontevedra
12:00h - Os Terribles de Camposancos
13:00h - A Banda de Gaitas de Forcarei
13:30h - Ofrenda floral no monumento ao gaiteiro
14:00h - Xantar na carballeira | Pandeireteiras do Val de Quireza
17:30h - Os Terribles de Camposancos (na fonte)
19:00h - Pandeireteiras Flor do Toxo (na capela)
21:00h - Pandeireteiras Árdelle o eixo e As Bolboretas de Beariz (na plaza)
Organiza: Asociación Socio-Cultural O Can de San Roque
23:00h - Concerto folk de Fía na Roca
Na praza da Igrexa de Soutelo - Patrocinado polo Xacobeo e a Deputación de Pontevedra
10:00h - Pasarrúas das Bandas de Gaitas
10:30h - Apertura "Feira de Artesanía"
11:00h - Actuación da Banda de Gaitas "Buxaina" de Taragoña (Rianxo)
11:30h - Actuación do grupo Vagalume de Alcalá de Henares
12:00h - Actuación do grupo "Lume na lareira"
12:15h - Actuación do grupo "O Fiadeiro"
13:15h - Sauda o Alcalde
13:30h - Pregón por D. Xosé Luis Barreiro Rivas
13:45h - Actuación de Manuela Cortizo Medal
14:00h - Entrega de Medallas
14:20h - Imposición do Embaixador da Festa
14:30h - Intervención de Pilar Rojo Nogueira, Presidenta do Parlamento Galego
14:40h - Actuación da Banda de Gaitas de Forcarei, interpretarán o Himno Galego con voz da cantante Almudena Janeiro
15:00h - Trailer campaña Gadis "Super Gaiteiro"
17:00h - Actuación de "A magnifique bande dos homes sen medo"
17:30h - XII Concurso de Gaiteiros Avelino Cachafeiro, "Gaiteiro de Soutelo"
18:30h - Actuación do rancho folklórico de Vila de Prado de Vilaverde - Portugal
22:30h - Concerto na Praza do Gaiteiro en homenaxe a José Fírvida Cachafeiro "Maduro":
Lume na lareira
Diplomáticos do Acordeón
Organiza: Concello de Forcarei | Comisión de Festas de Soutelo
Colaboran: Xunta de Galicia | Deputación de Pontevedra | Xacobeo 2010 Galicia | Grupo Puntes | Caixanova
Organiza: Concello de Forcarei
Patrocinan: Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo | Deputación de Pontevedra | Televisión de Galicia | Grupo Puentes | Caixanova | Faro de Vigo | Caixa Galicia | Gamesa
Colaboran: Espectáculos Leis | Cruzcampo | Désinor (publicidad_diseño_infografía)
10:00h - II Concurso de música Tradicional "Avelino Cachafeiro, Gaiteiro de Soutelo"
13:00h - Pregón da festa por Dn. Xosé Cuíña Crespo (Conselleiro de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda)
13:15h - Presentación do libro "O Gaiteiro de Soutelo" por Dn. Celso Currás Fernández (Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria), e Dn. Xesús P. González Moreira (Director Xeral de Política Lingüística)
13:30h - Entrega de premios e Inauguración dos paneis do gaiteiro por Dn. Xesús Pérez Varela (Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo)
13:45h - Actuación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense
14:30h - Xantar Popular dos gaiteiros de Soutelo no Pavillón de Deportes
18:00h - Actuación e desfile de Grupos de Baile e Bandas de Gaitas
20:30h - Actuación do Grupo de Teatro "Os Titinautas" no Pavillón de Deportes
22:30h - Actuación dos grupos folk:
Os Diplomáticos do Acordeón
Treixadura
Os Heredeiros da Crus
Organiza: Concello de Forcarei
Centenario de Avelino Cachafeiro
Teatro: "Os Tirinautas" con "Se o sei non volto á casa" de Varela Buxán
11:00h - I Concurso de Música Tradicional "Avelino Cachafeiro, Gaiteiro de Soutelo"
13:00h - Ofrenda ó Gaiteiro e Pregón das Festas: Xosé Ramón Gayoso (Presentador de Luar)
13:30h - Charla de X. M. Rivas sobre o Gaiteiro de Soutelo
14:00h - Xantar da Irmandade
17:00h - Desfile e homenaxe das Bandas de Gaitas ó Gaiteiro de Soutelo:
Os Gaiteiros de Soutelo
Banda do Concello da Cañiza
Banda de Fornelos de Montes
Ledicia de Sanguiñeda
Manxadoira de Bueu
Charamuscas de Bembribe
Xorima de Carballedo
Tremiñado de Ponteareas
Banda de Gaitas do IGAEM
Banda da Deputación de Ourense
23:00h - Actuación dos grupos folk:
Muxicas
Os Diplomáticos do Acordeón
Arabot
Organiza: Concello de Forcarei | Comisión de Festas de Soutelo
Patrocinan: Caixa Galicia | Deputación de Pontevedra