Avelino Cachafeiro Bugallo
O gaiteiro de Soutelo
Avelino Cachafeiro Bugallo, coñecido coma O Gaiteiro de Soutelo. Nado o 26 de maio de 1899 e finou o 13 de abril de 1972. Fillo de Fermín Cachafeiro e Dolores Bugallo e irmán de Regina, Marcial, Dario, Carolina, Isabel, Bautista e Victor Castor. Cos dous últimos xunto co pai formaría o cuarteto Os Gaiteiros de Soutelo dende o ano 1920 aproximadamente ata o inicio da Guerra Civil en 1936.
Non afondaremos sobre Os Gaiteiros de Soutelo xa que dentro deste portal web xa hai un apartado sobre este emblemático cuarteto.
Destacar que coma gaiteiro solista acadou o premio ao mellor gaiteiro de Galicia en 1924 celebrado en Santiago de Compostela, así o deixa reflexado a prensa da época, onde podemos ler a seguinte nova:
Las fiestas patronales A la hora en que cerrábamos nuestro número de ayer, quedaba celebrándose en la Plaza de los Literarios el Certamen de gaitas y bailes. Los gaiteros inscriptos eran nueve, dejando de presentarse tres. Los premios fueron adjudicados en esta forma: El primero, 150 pesetas, á Avelino Cachafeiro, de Sotelo de Montes (Pontevedra). El segundo, de 100, á Celestino López, de Santiago, y el tercero, 75, á Pastor Cachafeiro, de Sotelo de Montes. En el de bailes quedaron desiertos el primero y el segundo premios, otorgándese 50 pesetas á cada una de las parejas formadas por Santiago Méndez y Mercedes Calvo y Ramón Rial y Eugenia Ferreiro, del coro santiagués «Cantigas e Agarimos». El Tribunal lo integraban D. Ricardo Fernández Carreira, D. José Gómez Curros y D. Esteban Mariño Caldelas. Amenizó el acto la Banda Municipal.
Nesta nota tamén podemos observar que o seu irmán Victor Castor acadou o terceiro posto, nome que aparece de maneira errónea escrito.
Casou o 23 de marzo de 1929 con Josefa Cortizo Nogueira na parroquia de Santa Maria de Conxo (Santiago de Compostela).
Mentres van pasando os anos, co cuarteto Os Gaiteiros de Soutelo gravan seis discos cun total de 12 temas para a Casa Regal e viaxan a América, todo troca co inicio da Guerra Civil, onde o cuarteto desaparece.
No ano 1956 falece Josefa, a súa muller, isto deixaría a Avelino Cachafeiro marcado para o resto da súa vida, deixando de tocar a gaita en eventos públicos.
Foi empresario chegando a ter un bar, cine, sala de festas co nome de Changüí, un surtidor de gasolina e mesmo unha funeraria.
Na súa faceta artística, ademáis de músico estamos diante dun pintor, escultor e poeta, chegando a editar un libro chamado Voando cas aas da vida, impreso en xuño de 1969 en Artes Gráficas do Faro de Vigo. Prólogo de Ramón Otero Pedrayo e portada de Urbano Lugrís conta cun total de 42 poemas.
A familia do "gaiteiro de Soutelo" en 1915. Castor, o menor dos irmáns, Avelino, o célebre gaiteiro, súa nai, Dolores, seu pai, Fermín, súa irmá Isabel e o seu irmán Bautista.
O célebre cuarteto "Gaiteiros de Soutelo" no ano 1919. De esquerda a dereita: Avelino Cachafeiro Bugallo, Victor Castor Cachafeiro Bugallo, Bautista Cachafeiro Bugallo e Fermín Cachafeiro Balado.
O gaiteiro de Soutelo acompañando a Basilio Carril co tambor nunha romería.
Avelino Cachafeiro tocando o tambor, tras el está Basilio Carril.
Avelino Cachafeiro tocando a gaita xunto con Avelino Alberte á batería.
Avelino Cachafeiro na compañía do médico Don Casimiro, e de Don Joaquín Campos, secretario do Concello, entre outros.
O bar Changüí de Soutelo nos anos 50. O gaiteiro de Soutelo á dereita.
No bar Changüí, xunto a outros músicos. Podemos ver a Bautista Alberte á caixa e a José Fírvida Cachafeiro (Maduro) e Avelino Alberte cos acordeóns á dereita da fotografía.
Festas do Ecce-Homo en Cerdedo, no ano 1954. Nesta ocasión podemos ver a Francisco González Caramés "Majito" no bombo, Avelino Cachafeiro e Virgilio (da coral de Ruada) ás gaitas e Ramón Cachafeiro ao tambor. Fotografía cedida por Félix González Gamallo.
Que se conserva na actualidade?
Na actualidade, Rubén Troitiño posúe uns punteiros, bombo (segundo a familia é o orixinal do cuarteto) e tambor pertencentes a Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo, doados pola familia para a súa conservación.
Outra das gaitas que se conservan del chegou a Galicia procedente de Venezuela no ano 2021, grazas a Francisco Vieitez Casado, fillo de Francisco Vieitez Fírvida, percusionista do cuarteto os gaiteiros de Soutelo. Nunha das viaxes que fixo a Soutelo polos anos 70 atopouse con Avelino e este regaloulla, pouco antes de finar Cachafeiro. Foi así como este instrumento rematou no outro lado do charco.
Según as pescudas realizadas sobre este instrumento podemos dicir que tanto o punteiro coma a copa do ronco foron feitos en Riobó (A Estrada) e as outras partes do ronco pertencen, case con toda seguridade, á copa atopada na casa de Avelino Cachafeiro.
Todos os punteiros recuperados ata día de hoxe de Avelino Cachafeiro por primeira vez en moitos anos todas xuntas.
Álbum: Homenaje a Don Alfredo González Barros
Fotografías extraidas do álbum "Homenaje a Don Alfredo González Barros". Nel podemos atopar un total de 25 fotografías tomadas polo fotógrafo soutelán Virxilio Viéitez. Nesta ocasión comparto as fotografías onde sae Avelino Cachafeiro Bugallo, o gaiteiro de Soutelo na inauguración da traída de augas. Neste álbum podemos ler o seguinte texto
Los feligreses de la comunidad parroquial de Sta María Magdalena de Montes y los vecinos del pueblo de Vilapouca ofrecen a D. Alfredo González Barros y a su distinguida esposa Dña. Ramona Penas Vilar este album en testimonio de adhesión y sincera gratitud por la colaboración prestada a todas las obras parroquiales realizadas en los once años en que fue párroco D. Manuel Cacheda Vigide en especial por la construcción de la nueva Iglesia Parroquial (22+VIII+60-22+VII+64) y la traida de aguas (3+X+64) a los pueblos de Sotelo y Vilapouca.
Sotelo de Montes, diciembre de 1.954-octubre de 1.964
Álbum familia González Ruibal e cedidas por Ana Doval Fraíz, persoa encargada a tutela do álbum. Moitas grazas por deixar compartir outro anaco de historia de Soutelo de Montes.
Publicacións
Voando cas aas da vida - Avelino cachafeiro Bugallo
1. ¡OH, VIDA QUE ALEGRE AVANZAS!
2. CHORAN NA CRUZ DA CANCELA
3. DAS SERRAS DAS ANTAS DE ULLA
4. FONTES OUTAS DE AUGAS SANTAS
5. RÍO TAMBRE E LEDO ULLA
6. OS DEDOS DA MAN DE DEUS
7. ILLA DE TAMBO, RÍO LÉREZ
8. SOL VALENTE DE CASTELA
9. NO OUTO DO CERNE CANDÁN
10. AVIÓN DO OUTO SUIDO
11. BEIRAS DO ORZÁN, POIS BEBEDES
12. CAMPANIÑAS DO PORTOMARÓN
13. CÁI LOSTREGANDO UNHA ESTRELA
14. O BARCO DE VALDEORRAS
15. POETA QUE CORRES SINXELO
16. NO ALTIÑO DO PARAÑO
17. NA ROMAXE DO SAN PEDRO
18. SÓMOCHE DO CARBALLIÑO
19. OURENSE PELACHE O QUENTE
20. SOUTELO TEN UNHA VIRXEN
21. NO OURENSE REBRILA O OURO
22. UMIA, LÉREZ E BERDUGO
23. SENTATE AQUI, COMPAÑEIRO
24. O DIÑEIRO DEBERA SER
25. POR CÁNLES DE ARÉAS DE OURO
26. SE VOU A FESTA A CEREIXO
27. SE A TERRA DE MONTES VAS
28. INDO POR SOUTELO ARRIBA
29. A MIÑA SUBRIA DE MADRI
30. NA DURA ESCOLA DO MUNDO
31. NON QUERO RIQUEZAS NIN XÓYAS
32. ROSALÍA ABRIU A FIESTRA
33. CASTELAO DOS BOS E XENEROSOS
34. DON RAMÓN OTERO PEDRAYO
35. REZAN OS PAUS NAS IGREXAS
36. A TORRE DE VERACRUZ
37. A VIRXEN DA PEREGRINA
38. A PANXOLIÑA DO MIÑO
39. QUENTA CA SUA CARIÑA
40. TÉSTEIRO, COCO E CANDÁN
41. CANTA A NENIÑA PASTORA
42. O TESTAMENTO
Impreso en xuño do 1969, en Artes Gráficas de Faro de Vigo, S. A., Colón, 28 - 30 – Vigo, Avelino Cachafeiro autor e editor. Consta o seu depósito legal: VG - 75 – 1969.
Na "XL Festa do Gaiteiro de Soutelo", celebrada o sábado 24 de agosto de 2019, estreábase unha foliada con letra de Avelino Cachafeiro e musicalizada por Rubén Troitiño co gallo do 50 aniversario do libro Voando cas aas da vida de Cachafeiro, así o publicou o Faro de Vigo do 3 de agosto dese ano:
Carme Hermida Gulías será la primera mujer pregonera de la Festa do gaiteiro de Soutelo. La parte musical del pregón el día 24 correrá a cargo de Rubén Troitiño.
Neste ano 2019 celébrase o 50 aniversario da publicación “Voando cas aas da vida” do autor Avelino Cachafeiro Bugallo, máis coñecido coma o gaiteiro de Soutelo de Montes. É por iso que veño de musicalizar un dos poemas incluídos neste libro editado no ano 1969. O poema elexido para esta foliada é “Canta a neniña pastora”, composto por catro estrofas. Esta composición estrearase o sábado 24 de agosto na mesma “Festa do gaiteiro de Soutelo”. A formación musical elexida para a ocasión é o cuarteto de gaitas (dúas gaitas, tambor e bombo), coma o do xa mítico cuarteto Os gaiteiros de Soutelo, e ademáis un pequeno coro de voces femininas e masculinas, todos eles reunidos para a ocasión. Ademáis disto, un dos obxectivos, ademáis de presentala ese día, é a de gravala en audio e compartila de maneira gratuíta en internet para unha libre escoita coa mesma formación que nese día a estreou.
Canta a neniña pastora
Letra: Avelino Cachafeiro - Música: Rubén Troitiño
Interpretárona: Rubén Troitiño e Miguel González Diz (gaitas), Santiago Bernárdez (tambor), Juan Bautista Alberte (bombo), Noelia Ratel, Mariña Río, Yoli A. Ceide, Ramón Pazos, Diego Cabaleiro e Manuel Rodríguez (voces).
Fotografías: Enya Casal
O Gaiteiro de Soutelo - Xosé Manoel Rivas Troitiño
Título: O Gaiteiro de Soutelo - Unha espresión da cultura popular
Autor: Xosé Manoel Rivas Troitiño
Edicións: 1977 e 2000
Edición de 1977
Imp. EL IDEAL GALLEGO - Francisco Mariño, 12 - La Coruña
Depósito legal: C-326-1977
Edición do 2000
Imp. DIO, S.L. - Parque Tecnolóxico de Galicia - Ourense
Depósito legal: OU-0-2000
No PRE-LIMIAR da reedición do libro de 2000 podemos atopar a seguinte información escrita polo propio autor escrito en Madrid, decembro de 1999:
Este libro foi escrito no 1974, en plena mocedad do seu autor, e reimprímese tal como foi publicado tres anos despois baixo o pradroazgo de Coca-Cola. [...]
Dos datos que figuran na primeira edición, hai un erro no ano de nacemento de Avelino, que foi no 1899, e non no 1898. [...]
Neste libro poderemos atopar 18 ou 19 apartados, dependendo da edición:
PRE-LIMIAR (reedición)
PORTELO
LIMIAR
O arredor: Terra de Montes
As novas loitas
Momentos dunha vida
"O millor gaiteiro de Galicia"
Encol da gaita
Dados prá lenda do "Gaiteiro de Soutelo"
O silencio
A dimensión poética de Avelino Cachafeiro
A xeografía como referencia
A morte como tema
Lembrando aos esgrevios
Con xeito de autobiografía
Un pouco de humor
O artista, na percura de novas espresións
Máis alá da biografía
Eplílogo de Avelino Senra Varela
Vídeos relacionados
Canteiros e artistas da Terra de Montes e ribeiras do Lérez
Autor: Antonio Rodríguez Fraíz
Imprime: Gráficas Portela S. L. – Loureiro Crespo, 57 – Pontevedra
ISBN: 84-300-8284-0
Depósito Legal: PO. 319-82
Montaxe portada: Antonio Míguez Montes
Comisión de Cultura da Excma. Deputación de Pontevedra e Concellos de Cerdedo e Forcarei
Avelino Cachafeiro Bugallo
«O Gaiteiro de Soutelo de Montes», co pai e hirmáns Castor e Bautista foi, segun o Patriarca das Letras Galegas:
…o grande e puro artista, por Castelao abrazado en data solene pro esprito por toda Galiza, como o máis rexo e armoñoso carballo do bosque antigo…
O pobo quixo a estes artistas, admiróunos e sóupo avaliar o seu arte, poesía e música: Xoán Cachafeiro o vello abó, foi gaiteiro, Fermín, seu pai,
mestre de todos, a voce na gaita, da tradición e da casa, en santo adral campesío…
dí o mismo Otero Pedrayo. Na Terra de Montes hóubo sempre bós gaiteiros, lembramos antre outros no séc. XVI, a Diego da Cana, de Pardesóa; Andrés de Vilar e Xácome Sieiro, de San Isidro de Montes, no séc. XVIII; logo neste sec. Antonio e Francisco Cerdeira, pai e fillo de Cerdedo; Celso Regueiro de Tomonde; Adelino Pichel, de Forcarei e tantos máis, encheron, co séu arte, sons e ledicia, as terras e os ventos:
Dendes do Lérez lixeiro as veigas que o Miño esmalta…
Avelino Cachafeiro, naceu en Soutelo de Montes —Forcarei— o 26 de maio de 1899, morrendo na misma freguesía o 13 de abril de 1972. Leial a sua vocación artística, durante 73 anos de eisistencia levóu a todos os recunchos da Galiza as ancestraes melodías que máis parescían sons do Ceo que froito das máns dun home, anque estas fosen as máis xeitosas que coñeceran os tempos.
A Galiza era pequena pro seu corazón e trunfos. O 10 de agosto do 1924 foron nomeados en Santiago, como: «…Os mellores gaiteiros da Galiza»; nos derradeiros dias do mismo mes no Teatro Avenida de Bos Aires os trunfos dos «Gaiteiros de Soutelo», chamados polo Centro Galego e galegos todos da Arxentina, foron tan amplos e universáes que aquela xira artística, cabilada pra póucos días, durou meses; foron chamados a Montevideo, Santos, Sao Paulo, Río de Xaneiro, e outros estados do Brasil. Logo na España tocaron e cantaron en Madrí, achándose antre os ouvintes o Rei Alfonso XIII, logo en Barcelona, Valencia, Sevilla, Asturias… Castelao conta a ledicia sin lindeiros das xentes de Terra de Montes polos trunfos no mundo dos séus artistas máis representativos e populares, dí o esgrevio patriota: «…Benodecíamos: non hai quen poida co Gaiteiro de Soutelo…». E as laberquiñas de Montes cantaban ó seu paso e nos solpores souteláns:
Toca, gaiteiriño, toca,
meniñas, correi a velo;
que é moita gaita a gaitiña
do Gaiteiro de Soutelo.
Como sempre acontece con todo o noso, tanta groria axiña empezóu a devalar, a «Negra Sombra» entróu na casa dos artistas; ó vello petrucio e Bautista foronse pra sempre, a Castor levóuno a emigrazón, na ialma o cantar da morriña:
Cando saín de Soutelo,
os méus ollos eran fontes:
¡Adiós, montes de Soutelo!
¡Adiós, Soutelo de Montes!
Avelino, o xefe do grupo, perdida traxicamente a sua xóven e bélida dona, ficóu soio co arte no corazón. Cheo de saudade adicóuse as cousas máis desasemellantes: fixo pintura, caixas pra mortos, santos de páu, baile sin que él tocase, cine, escribéu versos, deixándonos o séu núme nun fermoso libro: «Voando cas Aás do Vento», amén de grande cantidade de inéditos… que pra o devandito Otero Pedrayo amosan:
…nova fórmula de arte social e galega do grande fidalgo Avelino Cachafeiro… quixo devolvere éco e voce ós montes e ós rios, as xentes e ós curazós… (1).
(1) Bibliografía: Curros Enriquez, Otero Pedrayo, Castelao, Rodríguez Fraiz, Arq. Parroq. de Soutelo de Montes, Rivas Troitiño…