Victor Castro Cachafeiro Bugallo

Victor Castro Cachafeiro Bugallo, nado o 18 de setembro de 1906 en Soutelo de Montes (Forcarei). Fillo de Fermín Cachafeiro e Dolores Bugallo e irmán de Regina, Marcial, Dario, Carolina, Isabel, Bautista e Avelino. Cos dous últimos xunto co pai formaría o cuarteto Os Gaiteiros de Soutelo dende o ano 1920 aproximadamente ata o inicio da Guerra Civil en 1936.

Non afondaremos sobre Os Gaiteiros de Soutelo xa que dentro deste portal web xa hai un apartado sobre este emblemático cuarteto.

Destacar que coma gaiteiro solista acadou o terceiro premio en 1924 celebrado en Santiago de Compostela, así o deixa reflexado a prensa da época, onde podemos ler a seguinte nova (nome que aparece escrito de maneira errónea):

Las fiestas patronales A la hora en que cerrábamos nuestro número de ayer, quedaba celebrándose en la Plaza de los Literarios el Certamen de gaitas y bailes. Los gaiteros inscriptos eran nueve, dejando de presentarse tres. Los premios fueron adjudicados en esta forma: El primero, 150 pesetas, á Avelino Cachafeiro, de Sotelo de Montes (Pontevedra). El segundo, de 100, á Celestino López, de Santiago, y el tercero, 75, á Pastor Cachafeiro, de Sotelo de Montes. En el de bailes quedaron desiertos el primero y el segundo premios, otorgándese 50 pesetas á cada una de las parejas formadas por Santiago Méndez y Mercedes Calvo y Ramón Rial y Eugenia Ferreiro, del coro santiagués «Cantigas e Agarimos». El Tribunal lo integraban D. Ricardo Fernández Carreira, D. José Gómez Curros y D. Esteban Mariño Caldelas. Amenizó el acto la Banda Municipal.

Neste concurso o seu irmán Avelino Cachafeiro Bugallo acadou o primeiro premio sendo nomeado mellor gaiteiro de Galicia.

Mentres van pasando os anos, co cuarteto Os Gaiteiros de Soutelo gravan seis discos cun total de 12 temas para a Casa Regal e viaxan a América, todo troca co inicio da Guerra Civil, onde o cuarteto desaparece. 

En 1952 emigra a Venezuela, xunto a el tanto a esposa coma os fillos. 

Castor Cachafeiro faleceu o 22 de xullo de 1992.

Os gaiteiros de Soutelo

O célebre cuarteto "Gaiteiros de Soutelo" no ano 1919. De esquerda a dereita: Avelino Cachafeiro Bugallo, Victor Castor Cachafeiro Bugallo, Bautista Cachafeiro Bugallo e Fermín Cachafeiro Balado.

Victor Castor Cachafeiro Bugallo

Destacar que nesta fotografía obsérvase a Victor Castor tocando un frautín feito por Joaquín García García no obradoiro Riobó de A Estrada.

A familia do "gaiteiro de Soutelo" en 1915. Castor, o menor dos irmáns, Avelino, o célebre gaiteiro, súa nai, Dolores, seu pai, Fermín, súa irmá Isabel e o seu irmán Bautista.

Bautista, Fermín e Castor rodeado de amigos.

Artigos relacionados

Na revista Cotaredo do ano 2006 publicábase o seguinte:

O gaiteiro que só comía porco

Francisco Rozados, "Rochi"

Diriase que as prescripcións médicas non foron escritas segundo para qué persoas. Un home que só xante e cee con carne de porco e ademais fume dúas caixas de cigarros diarias estaría, en teoría e conforme ás consellas facultativas, condenado a non durar moitos anos. Victor Castor Cachafeiro, o artista da gaita de quen se cumprirá o vindeiro18 de setembro o centenario, fixo esa dieta durante anos e durou oitenta e seis.

Medrar á sombra dun gran home e artista como foi Avelino Cachafeiro, o mellor gaiteiro de Galicia nos albores do século pasado, non debeu de ser doado. No ano 1936, o ano en que comezou a Guerra Civil despois de se disolver o cuarteto que tantas paixóns erguera nas dúas primeiras décadas do século XX Castor segue a tocar de cando en vez pola bisbarra, acompañado polo seu sobriño Maduro á gaita e por Caladiño á percusión en espaciadas ocasións mesmo os acompañaba Avelino, pero a situación xa non é a mesma para múisca tradicional, que comeza a declinar ante as preferencias do público polas grandes orquestras. Aínda así, Castor resiste bastantes anos antes de se dar por vencido e coller o camiño sen volta da emigración. No ano 1948, o mesmo no que falece o grande pintor presqueirense Virxilio Blanco, aínda é Castor quen solicita a licencia para a apertura do nacente cine que levaría o mesmo nome có da sala de baile fundada polo seu irmán Avelino: "Cine Changüí".

É no ano 1952 cando abandona a terra que vira nacer e consagrarse coma un dos mestres da gaita para establecerse en Caracas. Alí, o seu labor social e musical é digno de enxalzamento. Formará a centos de músicos e fundará tamén varias formacións de música tradicional, entre elas o grupo de gaitas Celta, grupo oficial da "Hermandad Gallega de Venezuela". Este buque insignia da "Hermandad" sería fundado dez anos despois da súa chegada ó país venezolano e dous anos despois da fundación da propia "Hermandad", e sería dirixido por castor ata a súa morte, acaecida o 22 de xullo do ano 1992. A impronta de Castor no centro galego foi semellante á que tivera o seu irmán Avelino na Pontevedra dos anos vinte. O seu espírito aínda fica alí, inmortalizado nun busco realizado polo escultor Fermín Lacarra á entrada do teatro "Rosalía de Castro". A súa gaita a mesma coa que gañara o premio "Alborada de Veiga" no ano 1928 en Santiago, o seu chaleco e as múltiples condecoracións que obtivo ó longo de toda a súa carreira tamén teñen un lugar privilexiado nunha vitrina da propia "Hermandad", legadas pola súa familia para lembranza das presentes e futuras xeracións de galgos que viven a república venezolana.

Castor tivera o seu propio papel dentro do cuarteto de música tradicional fundado polo seu irmán maior. Nas Olimpiadas Populares de Barcelona do ano 1936, Castor compuxera a "Marcha de Guerra", con tan mala e coherente sorte que o día en que chegaron á cidade condal, declarouse a triste Guerra (in) Civil da que agora se cumpren 70 anos. lan convidados para actuar nesas Olimpiadas, e tiñan pensado des filar pé con pé co patriarca Daniel Castelao, a quen os unía unha fonda e fructifera amizade desde o ano 1924. Cumpríanse tres anos da morte do irmán Bautista e oito da de Fermín, pai dos gaiteiros. O grupo xa non era, polo tanto, o orixinal, pero as almas fortes seguían sendo as de Avelino e Castor, os dous compositores e encargados dos arranxos musicais das pezas que con tanta fortuna tocaban ante públicos entregados de antemán. 

Pero, como xa dixemos, o labor fundamental na vida de Castor xorde trala súa marcha á capital venezolana. No ano 1952 é chamado polo Centro Galego de Caracas coa intención de formar un grupo folklórico. Era a segunda vez que cruzaba o Atlántico, pero esta vez, sen el ser consciente, de xeito definitivo. Despois de cumprir con ese cometido no Centro Galego, é chamado tamén polo Lar Galego para a mesma misión. É nese intre cando a súa dona e os seus fillos parte tamén cara a Venezuela para establecerse con el. Ese feito demostra que a intención, xa naquel entón, de Castor, é a súa radicación definitiva no país bolivariano. A súa dona era mestra de escola, e a partir dese intre e nos seguintes oito anos, os dous exercerán coma mestres normalistas na escola parroquial "El Recreo", educando a varias xeracións de rapaces e mesmo incorporando á vida moderna a adultos analfabetos. Despois, tamén seguirían exercendo a profesión docente nos colexios Barcelona, Nuestra Señora de las Mercedes, Maracuay e San Marcos, en El Llanito. 

No ano 1960 chegou a unificación das casas galegas de Venezuela, no que se deu entón en denominar "Hermandad Gallega", e da que pasou a formar parte Castor coma integrante do antigo Lar Galego. Para a "Hermandad" crearía, como xa se ten contado, o grupo de gaitas "Celta", e pasaría a ser toda unha institución en Venezuela. Nos finais dos anos setenta e comezos dos oitenta do pasado século, aínda organizaría un grupo infantil en Maracaibo, sen deixar de vivir en Caracas. Ese grupo tomaria o seu nome. 

Varias xeracións de gaiteiros, pois, foron iniciados e conducidos polo mestre Castor Cachafeiro e o seu labor didáctico nos diferentes centros de emigrantes galegos. Hoxe continúa vivo e presente na memoria dos galegos de Venezuela, coma exemplo de home tenaz e entregado á causa da música tradicional galega, E, como advertimos, entregado tamén á gastronomía máis nosa, a que lle serviu para se manter "mozo" contra a opinión dos galenos, ata os seus oitenta e seis anos. Se vivise hoxe, o mestre Castor alcanzaría, neste letras para lembrar a un dos homes dos que todo Soutelo, todo Forcarei e toda a Terra de Montes se debe sentir orgulloso, Otero Pedrayo, o patriarca das letras que prologou o libro de poemas de Avelino, deixou escrito estas fermosas verbas: "traballou o galego a terra con incansable ansia de facela paisaxe... combinou o desexo das rutas do mundo co entrañado amor polo horizonte nativo". Semellan feitas pensando en Castor, un home, un artista que traballou primeiro na terra que o viu nacer, que emigrou a outro continente, pero que nunca esqueceu nin deixou de practicar o amor polo horizonte nativo, onde tamén o lembramos coa seguridade de ter nel a un dos eximios representantes da raza dos bos e xenerosos. Irmandámonos, ×a que logo, co outro lado do Atlántico, cos residentes en Caracas, Maracaibo, Maripérez ou Valle Fresco, neste amor conxunto por unha das figuras insignes da nosa música, Castor, o cerraportelos dos irmáns Cachafeiro.

Xullo de 2006

Gaitas y Cuerdas
Hermandad Gallega de Venezuela

Grupo de Gaitas Celtas - No medio V. Castor Cachafeiro

De como Anxo de Ferrol coñeceu a Castor Cachafeiro na Venezuela de 1983

Un recordo de como Anxo Mijan Caxiao coñeceu a Victor Castor Cachafeiro no ano 1983. Un anaco de historia viva chegada da man de Hugo López Arias onde podemos escoitar a Anxo contando de primeira man como foi a súa vivencia:

Prensa

El pueblo gallego
24/08/1977

La Voz de Galicia
06/09/1977

El pueblo gallego
08/09/1977

La Voz de Galicia
08/09/1977

El pueblo gallego
11/09/1977

El pueblo gallego
15/09/1977

La Voz de Galicia
26/10/1980

La Voz de Galicia
04/03/1981

La Voz de Galicia
07/01/1982

La Voz de Galicia
03/09/1982

La Voz de Galicia
19/09/1982

La Voz de Galicia
20/09/1982

La Voz de Galicia
25/09/1982

La Voz de Galicia
28/09/1982

La Voz de Galicia
07/10/1982

La Voz de Galicia
28/07/1992

La Voz de Galicia
28/07/1992

La Voz de Galicia
29/07/1992

Fotografías

Victor Castor Cachafeiro dirixindo o grupo de gaitas.

Vitrina onde podemos ver o chaleco coas condecoracións e a gaita de Castor Cachafeiro na Hermandad Gellega de Venezuela.

Busto de Castor Cachafeiro en la entrada del teatro Rosalía de Castro (Venezuela).

Fonte descoñecida.

Fonte descoñecida.

Vídeos relacionados

Artigos relacionados