Os Diplomáticos do Acordeón
Programa Alalá, da Televisión de Galicia, adicado ao grupo Os diplomáticos do acordeón.
Data de emisión: 4 de abril de 2006 na Televisión de Galicia
Hoxe estamos co grupo Os diplomáticos do acordeón, unha desas agrupacións marabillosas ás que paga a pena coñecer. Formado por oito homes, oito veteranos para os que a música, mais ca un entretemento, é case un xeito de entender a vida.
Todos pertencen á Terra de Montes, desde Soutelo ata Forcarei pasando por Cachafeiro, unha comarca famosa a principios do século vinte polos gradísimos gaiteiros que lle deron fama. Pero houbo outra época, a partir dos corenta, na que as gaitas deron paso ós acordeóns, anos nos que os salóns de baile se fixeron moi populares e nos que xa se bailan outros ritmos.
Neses salóns de baile “criáronse” varios membros dos Diplomáticos que, desde moi pequeniños, tiveron a obriga de aprender a tocar un instrumento para axudar na economía familiar. Entre eles os irmáns Alberte Fírvida, bisobriños do popular Avelino Cachafeiro, que chegaron a formar un orquestra completa que tocaba no salón de baile da familia, o “Changüí”.
Tamén Moncho aprendeu a tocar o acordeón porque seu pai era o dono do “Paraíso”, un salón de Forcarei que agora lle pertence a el. Un caso semellante é o de Paco Cachafeiro, tamén ligado ó mundo do acordeón e dos salóns de baile.
No Alalá desta semana coñecéremolos a eles e ó resto dos Diplomáticos: a Jesús, un reloxeiro xubilado que, ademais de dar clase, colecciona acordeóns, de feito, xa ten mais de 130 instrumentos; a Toño, un amante da música dos sesenta que desfruta tanto da guitarra eléctrica como do acordeón; e a Joaquín, o vocalista, que canta coa mesma paixón un bolero ca unha muiñeira.
Enlace: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/os-diplomaticos-do-acordeon
Discografía
Cara A
1) Cambeses
2) Jota de Moncho
3) Muiñeira de Ourense
4) Foliada de Cachafeiro
5) Esta noite e mais a outra
6) A ría de Vigo
Cara B
1) Muiñeira de Forcarei
2) Pra onde vas María
3) O viño Alvariño
4) Fandango de Pontevedra
5) Fun o viño a Ribadavia
6) Perfumes de España
Información da gravación:
Acordeóns: Avelino Alberte Fírvida, Ramón Pichel Barreiro (Moncho), Jesús Campos Fernández e Paco Cachafeiro.
Acordeón, gaita e voz 2ª: José Fírvida Cachafeiro (Maduro)
Voz 1ª: Joaquín Barreiro Varela
Batería: Bautista Alberte Fírvida (Tista)
Bajo: Francisco Alberte Fírvida (Paquiño)
Depósito legal: C-108799
S.G.A.E. Ref.xda 01Mc Edisco
Outras gravacións
Información do disco:
Edita: Disco Trompo.
Raiceiras: Mercedes Peón, Nando Cruz.
Matriz POD-0913-C
Código SID de masterizado: IFPI LD51
Depósito Legal: C-1821-97
Entidade de xestión colectiva: SGAE
1997
Pistas:
Treboadas de Tomiño. Interpretadas polos BEIRA MIÑO
Muiñeira de Imende. Interpretada por VISITACIÓN e RAMONA
Muiñeira Ribeirana. Interpretada por HIGINIA, EVANGELINA e MARÍA
Xota de Buscás. Interpretada polo Sr.CALVIÑO de BUSCÁS.
Xota dos Alegres. Interpretada polos ALEGRES
Pasodoble de Verdillo. Interpretado por CONSUELO e CLARISA
Rumba de olas. Interpretada polos veciños de Vilarmaior e Ordes
Canto de sega de Vilar de Mouros. Interpretado por JESÚS de Vilardemouros
Canto dos Diplomáticos do Acordeón. Intepretada polos DIPLOMÁTICOS DO ACORDEÓN
Pasodoble de Sísamo.Interpretado pola Sra. ADELAIDA VARELA
Cantar do Camiño de Piñeiro de Vilabade. Interpretado por ANXELO COSTA
Pasodoble de Brates. Interpretado polo Sr. CACHARRÓN
Muiñeira de Armentón. Interpretada por JOSÉ MORLÁN
Regueifa de Pontepedra. Interpretada polas veciñas de Pontepedra
Xota de Tomiño. Interpretada polos BEIRA MIÑO
Muiñeira de Santa Margarida. Interpretada polas veciñas de Santa Margarida
Muiñeira de Serra. Interpretada polo Sr. MANUEL de Serra
Canto de Antroido ou Pregón de Mens. Interpretado por TERESA dos CUCOS
Vídeos
Os diplomáticos do acordeón
Foliada de Cachafeiro (programa Luar da Televisión de Galicia)
Os diplomáticos do acordeón
Popurrí Galego (programa Luar da Televisión de Galicia)
Os diplomáticos do acordeón
Fun ó viño a Ribadavia (programa Luar da Televisión de Galicia)
Os diplomáticos do acordeón
Pezas galegas (programa Luar da Televisión de Galicia)
La década prodigiosa e os diplomáticos do acordeón
(programa Luar da Televisión de Galicia)
Artigos relacionados
"Maduro"