Que conservamos?
As bandas de música de Cerdedo
Non son moitos os intrumentos que se conservan a día de hoxe das bandas de música de Cerdedo. Neste apartado queremos compartir algunhas das fotografías deles.
*As fotografías non mostran o tamaño real dos instrumentos.
Tuba (Baixo)
Tromón
Bombardino
Tromón (Trombino)
Trompeta
Fliscorno
Clarinete I
Clarinete II
Requinto II
Requinto I
Caixa
Pratos pequenos
Prato I
Prato II
Prato III
Prato IV
Atril instrumento
Boquillas
Boquilla
Castañolas con mango
Maza
Bombardino
Bombardino de Constantino Paz Gil.
Fillo do músico Manuel Paz e de Josefa Gil, naceu en Cerdedo o 12 de outubro de 1.858. Comezou na música no mundo tradicional da man do seu pai, do que aprendeu a tocar a gaita e o tamboril, e solfexo e música de banda co mestre Campio García. Tocaba o bombardino e o requinto. Entre 1.895 e 1.905 comezou a dirixir a banda de Cerdedo, que ata entón estivera baixo a batuta de Campio García, durante unha morea de anos. Morreu o 20 de xullo de 1.941.
Constantino Paz Gil
Bombardino
Fliscorno
Fliscorno de Eduardo Troitiño Varela.
Nado en Cavenca o 30 de outubro do ano 1.927. Sendo cativo comezou a ir a clases de solfexo e fliscorno na academia de José Benito. Casou con Pura Lavandeira, filla do baixista José María Lavandeira e neta do Mestre Ramón Lavandeira, o 10 de marzo de 1.955. Eduardo tocou na banda ata que se desfixo, probablemente no ano 1.956. Nos últimos anos de vida, formou parte do Coro Parroquial de Cerdedo, onde tocaba o órgano Julio Durán. Faleceu o 9 de novembro de 2.019.
Eduardo Troitiño Varela
Fliscorno
Trombón
Trombón, coñecido na zona de Cerdedo coma Trombino, de Enrique Monteagudo e José Cadavid Nieto.
Trompeta
Trompeta de Antonio Troitiño Beiro.
Antonio (1895) recibiu as primeiras nocións de música na academia de Cerdeira e máis adiante con Ramón Lavandeira en Cavenca. Tocou o cornetín e a caixa.
Antonio Troitiño Beiro
Trompeta
Máis imaxes da trompeta conservada a día de hoxe:
Trompeta - Vista 1
Trompeta - Vista 2
Trompeta - Vista 3
Clarinetes
Clarinete de Ramón José Lavandeira Limeres e José Iglesias Lavandeira.
Ramón José Lavandeira Limeres: Naceu o 1 de marzo de 1.859 na Revolta (Cerdedo). Aprendeu música dende moi novo con Campio García. Ramón fixo o servizo militar na mariña de Ferrol, onde acadou unha formación musical moi completa e ocupou un posto na Banda de Música do Departamento. Adicouse principalmente ao clarinete, aínda que tocaba varios instrumentos. Tamén chegou a ser un excelente gaiteiro. Á volta da vida militar, Ramón estableceuse en Cavenca como mestre de “maxisterio” e de música. Co tempo, armou a súa propia banda de música. Finou o 11 de marzo de 1.932.
José Iglesias Lavandeira: Naceu en Cerdedo o 3 de setembro de 1.927. As súas primeiras nocións musicais foron da man de Clemente Varela, dos “Fogueteiros”, e máis adiante aprendeu a tocar o clarinete na academia de José Benito. Comezou na banda de Cerdedo aos 18 anos e retirouse un ano máis tarde, logo da escisión da mesma. Faleceu o 7 de febrero de 2021 aos 93 anos de edade.
Ramón José Lavandeira Limeres
José Lavandeira Iglesias
Clarinete
Clarinete de Antonio Sieiro Troitiño.
Antonio Siero Troitiño
Clarinete
Requintos
Requinto de Eladio Cadavid Sieiro.
Naceu o 22 de marzo de 1.907 no lugar de Cavenca. Tocou o requinto na banda de Cavenca ata que se desfixo. Morreu moi novo, o 30 de abril de 1.933, dous meses despois de casa con Candelaria Fortes Portos.
Eladio Cadavid Sieiro
Requinto
Requinto de Constantino Paz Gil.
Fillo do músico Manuel Paz e de Josefa Gil, naceu en Cerdedo o 12 de outubro de 1.858. Comezou na música no mundo tradicional da man do seu pai, do que aprendeu a tocar a gaita e o tamboril, e solfexo e música de banda co mestre Campio García. Tocaba o bombardino e o requinto. Entre 1.895 e 1.905 comezou a dirixir a banda de Cerdedo, que ata entón estivera baixo a batuta de Campio García, durante unha morea de anos. Morreu o 20 de xullo de 1.941.
Constantino Paz Gil
Requinto
Caixa
Caixa de David Paz Cachafeiro.
Fillo de Constantino Paz e 11 anos máis novo que o seu irmán José Paz, naceu en Cerdedo o 14 de xullo de 1.901. Tocaba varios instrumentos coma o trombón, o cornetí e o requinto, pero a súa especialidade foi a caixa. Tamén cantaba nas misas e nas novenas do Ecce – Homo. Influenciado polo seu avó Manuel, a David tamén lle interesaba o mundo da gaita, formando parte do grupo de gaitas dos Durán coma tamborileiro. Faleceu o 30 de xaneiro de 1.980.
David Paz Cachafeiro
Caixa
Máis imaxes da caixa conservada a día de hoxe:
Caixa - Vista 1
Caixa - Vista 2
Caixa - Vista 3
Pratos
Pratos da Banda La Unión de Cerdedo.
Pratos
Máis imaxes dos pratos conservados a día de hoxe:
Prato 1 - Vista 1
Prato 1 - Vista 2
Prato 1 - Vista 3
Prato 2 - Vista 1
Prato 2 - Vista 2
Prato 2 - Vista 3
Prato 3 - Vista 1
Prato 3 - Vista 2
Prato 3 - Vista 3
Prato 4 - Vista 1
Prato 4 - Vista 2
Prato 4 - Vista 3
Atril instrumento
Atril - Vista 1
Atril - Vista 2
Boquillas
Boquillas
Carnet de músico
Carnet que acredita a pertenza de Francisco Cerdeira Gil ao Corpo Nacional de Directores de Bandas de Música. A data de nacemento non coincide coa do 23 de abril de 1884 que aparece no Arquivo Parroquial de Cerdedo nin coa do 24 de abril de 1884 que indicaba o Rodríguez Fraíz nos seus escritos
Carnet - Tapas
Carnet - Interior