Andresa Cachafeiro Viéitez

Andresa Cachafeiro Viéitez era do lugar do Outeiro de Sanguñedo, preto de Soutelo de Montes, na parroquia de Santa María Magdalena pertencente ao concello de Forcarei, e destacouse como tocadora de pandeiro. A prensa da época deixou constancia diso, como podemos ler no periódico El Progreso do 6 de maio de 1927: 

Los populares gaiteros de Soutelo de Montes, y la tía Andrea de Outeiro, anciana de 90 años, tipo genuino de la raza celta y extraordinaria tocadora de pandeiro, cantadora y bailadora de los aires de la tierra, formarán también parte del programa.

Andresa era irmá de Juan Cachafeiro Viéitez, avó de Avelino Cachafeiro Bugallo, o gaiteiro de Soutelo, e dos seus irmáns Bautista Cachafeiro Bugallo e Victor Castor Cachafeiro Bugallo.

O gaiteiro de Soutelo - Xosé Manoel Rivas Troitiño

No libro biográfico de Avelino Cachafeiro escrito por Rivas Troitiño podemos ler o seguite:

[...] Co remate da primeira loita mundial naceu o grupo de "Gaiteiros de Soutelo". O pai xa non tocaba agora co abó, senón cos seus propios fillos. O líder era Avelino, gaiteiro, oficio que tamén tiña Castor. Bautista, o outro irmán, cantaba de tenor e tocaba a caixa, mentres o pai se facía cárrego do bombo e cantaba ou bailaba. Andrea, tía dos rapaces, acompañábaos co pandeiro. [...]

Os gaiteiros de Soutelo - Ouvirmos

Na reedición do disco dos Gaiteiros de Soutelo hai unha pequena reseña escrita por Juanjo Fernández:

A Tïa Andresa foi moi coñecida e apreciada no Outeiro, un barrio de Sanguñedo. Era famosa por tocar o pandeiro, polos seus responsos e por ser unha eficiente sanadora.

Prensa

El Diario de Pontevedra
03/05/1927

El Progreso
04/05/1927

El Progresoo
06/05/1927

El Diario de Pontevedra
07/05/1927

El Progreso
08/05/1927

El Diario de Pontevedra
10/05/1927

Mulleres forcaricenses

Campaña "Mulleres forcaricenses" do Concello de Forcarei para dar visibilidade e recoñecemento a 15 de mulleres veciñas do municipio que destacaron ou destacan polo seu empoderamento, traballo e esforzo. 

Asesoramento na información: Rubén Troitiño

Primeira tocadora de Pandeiro documentada na Terra de Montes

A data de nacemento de Andrea Cachafeiro sitúase arredor de 1835-1840.

Andrea Cachafeiro era do lugar do Outeiro de Sanguñedo, preto de Soutelo de Montes, na Parroquia de Santa María Magdalena pertencente ao Concello de Forcarei.

Irmá de Juan Cachafeiro Viéitez, o avó de Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo, e dos seus irmáns Bautista e Víctor Castor.

No estudado ata agora, diferentes documentos da época, datados do 1927, constatan que Andrea, ou tamén chamada Andresa, representaba o "tipo feminino da raza celta" (muller que mostra o que sabe facer cun instrumento).

Andrea foi unha extraordinaria tocadora de pandeiro, cantadora e bailadora dos aires da Terra de Montes. É moi posible que tocase o pandeiro arrastrando a tradición da nai ou dos seus veciñ@s.

Dedicábase como todas as mulleres da súa época á labranza, a ir co gando e á compravenda de alimentación.

Non se conserva fotografía desta muller nin tampouco ningún instrumento. Houbo un mural que desapareceu pintado por Avelino Cachafeiro no que saía unha fotografía coa imaxe de dúas mulleres no bar do gaiteiro de Soutelo.

Avelino Alberte comentou " que unha podería ser a súa tía Andresa" mais parecen fotos chegadas de América, da xira dos gaiteiros e quizais foran mulleres que tocaban con eles nesa viaxe.

Represéntase a Andrea cunha sombra que mostra a imaxe dunha muller en representación de tantas mulleres anónimas que mantiveron viva a tradición oral dando así voz a todas elas para que nesa sociedade machista que viviron non queden no limbo da memoria.

Era a muller quen traballaba nas terras, co gando e na casa cos fillos e os maiores e tamén a que para socializar organizaba as coñecidas xuntanzas chamadas ruadas.

As ruadas eran festas moi habituais en Terra de Montes que se facían en cada aldea no baixo dunha casa ou nunha corte.

As mulleres logo de traballar no campo retiraban os aparellos de labranza, limpaban e arrombaban o local para preparalo para facer música, cantar e bailar, tocaban o pandeiro, a pandeireta e tamén algunha tixola.

Andrea tamén foi coñecida polos seus responsos e por ser unha eficiente sanadora segundo aparece no libro biográfico de Avelino Cachafeiro escrito por Xosé Manuel Rivas Troitiño titulado "O gaiteiro de Soutelo".

Artigos relacionados