Julio Cendón Barros

Julio Cendón Barros, natural de Sanguñedo, naceu polo ano 1913 e faleceu o 21 de outubro de 1990, neto de Andresa Cachafeiro Viéitez.

Cando estalou a Guerra Civil tivo que incorporarse a filas para loitar polo bando republicano. Ao voltar a Galicia emigrou a Ponferrada onde traballou coma albanel para a empresa Minero Metalúrgica. Regresou a Sanguñedo polo ano 1954 e, segundo os seus fillos, foi cando comezou a tocar o acordeón nas celebracións familiares. A súa afición pola música non decaeu cando tivo que emigrar a Venezuela, tal e como se pode comprobar nas poucas fotografías que enviaba a súa familia. 

Finalmente, no ano 1960 aproximadamente, Julio regresou definitivamente a Sanguñedo, onde pasou o resto da súa vida.

Artigos relacionados