Fermín Cachafeiro Balado
Fermín Cachafeiro Balado (1860 - 27 de marzo de 1928), fillo de Juan Cachafeiro Viéitez e pai de Avelino Cachafeiro Bugallo, Bautista Cachafeiro Bugallo e Victor Castor Cachafeiro Bugallo, formando así sobre o 1920 o conxunto Os Gaiteiros de Soutelo. Gaiteiro, clarinetista e bombeiro.
Fotografía datada en 1915 aprox. Castor, o menor dos irmáns, Avelino, Dolores e Fermín no medio, Isabel e Bautista.
O gaiteiro de Soutelo - Xosé Manoel Rivas Troitiño
Título: O Gaiteiro de Soutelo - Unha espresión da cultura popular
Autor: Xosé Manoel Rivas Troitiño
Edicións: 1977 e 2000
Edición de 1977
Imp. EL IDEAL GALLEGO - Francisco Mariño, 12 - La Coruña
Depósito legal: C-326-1977
Edición do 2000
Imp. DIO, S.L. - Parque Tecnolóxico de Galicia - Ourense
Depósito legal: OU-0-2000
“O pai (Fermín) cobraba daquela seis pesetas por tocar nas festas, e deixar as gaitas nas máns daqueles rapaces era arriscarse a perdelas. Por eso, Avelino tivo que escapara os montes pra adeprender os segredos da gaita. Pro o pai enterouse das xogadas do fillo, e foi honrado. Escoitou ao rapaz e decatóuse de que lle chegaba a hora do relevo. Regaloulle entón as gaitas a Avelino, i el adicouse a tocar bombo, a cantar e a bailar muiñeiras. Gai teiro de vellos tempos, non se lle daba mal o oficio, outro máis na súa vida, xa que denan tes tocara o clarinete nunha banda de música da bisbarra.”
Canteiros e artistas da Terra de Montes e ribeiras do Lérez
ESTA INFORMACIÓN PODE TER ERROS
Autor: Antonio Rodríguez Fraíz
Imprime: Gráficas Portela S. L. – Loureiro Crespo, 57 – Pontevedra
ISBN: 84-300-8284-0
Depósito Legal: PO. 319-82
Montaxe portada: Antonio Míguez Montes
Comisión de Cultura da Excma. Deputación de Pontevedra e Concellos de Cerdedo e Forcarei
Fermín Cachafeiro
Nado en Soutelo de Montes polo ano 1868. Dende rapaz aprendeu co pai Xoán Cachafeiro a tocar a gaita e demais instrumentos; mentres viviu o vello gaiteiro tocou con el o tamboril; logo a gaita co acompañamento dos fillos Avelino, Bautista e Castor, axudándolles algunhas vegadas a súa dona, facendo así realidade a cantiga:
O gaiteiro toca a gaita
a muller toca o tambor;
os fillos tocan o bombo
o can ládralle o roncón.
Cando os fillos Avelino, Bautista e Castor acadaron os maiores éxitos e sona —1920 a 1930— o vello Fermín tocaba o bombo, sendo ademais coa sua ledicia o meirande animador do Grupo, por todos admirado e querido deica o pasamento en Soutelo no 1930.